Non me canso de ver nos periódicos, e de oir na rúa, a continua demanda de locais e espacios para asociacións da vila, para levar a cabo as súas actividades...
A última noticia, esta: http://www.laregion.es/noticia/179774/cuarenta/ninos/taller/falta/local/
Seguindo a línea da antepenúltima entrada, propoño que os dirixentes do Concello se poñan en contacto coa directiva do Casino, pois esta entidade ten espacio infravalorado para a realización de moitas actividades. Como é lóxico, penso que a todos nos sería máis barato que ambas entidades chegasen a acordos e algún tipo de compensación para sair beneficiados, uns reducindo o custo de mantemento das instalacións e outros reducindo o gasto en alquileres ou compra de locais nestes momentos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario