É o que hai, non nos queda outra que apandar co que desde arriba nos impoñen ou ¿acaso temos outra solución? Pois, mal que lle pese a moitos, non tanto como os que se alegrarían, hai alternativas, difíciles e compexas, máis si cabe que as que se están a tomar, pero que dan mellor resposta polo menos a medio e longo prazo.
Vin hoxe un vídeo que vos pego ó final, no que o Club Roma analiza cómo será o futuro da Terra no 2052, pouco alentador por certo, pero bastante creíble ó meu parecer. O certo é que si collemos o análisis que fixo o mesmo nos anos 70, pouco se equivocou; daquela espertou unha mínima conciencia na cidadanía e naceron diferentes movementos sociais, feministas, ecoloxistas, etc. Naqueles tempos penso que lles faltaba a todos eles algo que hoxe en día é o xoguete de todos, a ferramenta de moitos e o futuro duns poucos, unha comunicación instantánea, unha información libre, INTERNET. Con esta ferramenta, esas conciencias da xente que nalgún momento espertou pero non participou por desinformación ou distancia dos focos de movilizacións, poden ter voz. Non quedará lonxe a maior participación cidadana a través da rede para tódalas facetas vitais, traballo, comunicación, diversión, pero tamén participación política.
Imaxinade esa participación política a día de hoxe, que demandariades neste mesmo momento si con un clic poiderades aprobar ou rexeitar normas, leis, etc. Unha verdadeira actividade política de todos, da maioría, dos que realmente ostentan o interés político, porque como en economía, os intereses, a rentabilidade é o que buscamos todos. Todos nos queixamos dos deficientes políticos ou da súa actividade, ás veces tardía. Volvo á pregunta, ¿qué pediriades?¿qué cambiaríades? Algúns exemplos:
- A Constitución...moitos de nós non a votamos e creo que se deberían cambiar e actualizar puntos.
- O rescate dalgún banco, ou a nacionalización.
- A dación en pago...
En fin, seguro que todos podemos aportar algún. O lado perigoso desa medida e a falta de coñecementos xerais de cómo funciona todo, e o que nos pode parecer lóxico, por exemplo, o non rescate dunha entidade, pode provocar consecuencias que á maioría se nos poden escapar e que hai que ter en conta...MOI COMPLEXO.
Na actualidade fálase de Grecia, da posible saída do EURO, das similitudes que temos en España con ela, da nosa prima de risco...todo movido polos mercados en teoría, polos caprichosos ou calculados movementos de capitais. En calquera empresa se fixan obxectivos a cumplir, pois ben, por qué Europa non di, señores mercados, ou a especulación deixa de atacar a Europa, ou Europa non fará frente ós pagos; traducido a España, señores, ou baixa a prima de risco e se toma en serio a situación ou declarámonos en Consurso todos e logo veremos. Penso que antes de chegar a unha situación así se deben chegar a acordos, porque si non, que llo digan ós gregos, un día espertaremos e nada será o que era ó deitarse...
Enlace: http://www.vtelevision.es/informativos/meteo/2012/05/23/0031_62_140623.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario