Mañá convulsa nesta que nos atopamos. Desde o lugar no que me atopo sentado, a tranquilidade e indiferencia parece o estado máis extendido, pero confesareivos que as persoas que teño diante son un xubilado con bastón e unha muller sordomuda que lee a revista HOLA...un entorno tranquilo, nada parecido ó que teñen que vivir os nosos políticos nestas datas, ou eso é o que me supoño eu, moitos seguramente marchan ó cabo do día para as súas casas sin maior problema de cabeza que os suspensos do fillo que lle costarán uns cantos euros en caros profesores particulares ou noutras dávidas nas que prefiro non me parar...
Primeira na frente, subida do IVA de tres puntos ata situalo no 21%. Non quixen saber máis, non sei nin cando entra en vigor, nin si o IVA reducido deixa de selo, ou que máis, sólo levantei a vista por encima da pantalla do ordenador, observei o bastón, observei á sordomuda e me acordei dun profesor da Universidade, bastante xoven que nos advertía hai uns anos cara onde ibamos -gustaríame velo ó frente dun Ministerio porque valía, sabía de qué falábamos, non como o do vídeo que vos pego máis abaixo- e tamén nos indicaba que o do IVA era o maior invento financiero do Estado, que a subida de un punto era unha "burrada"...volvo mirar o bastón e penso o que lle faría con él a algún. Entendo que a medida pode ser necesaria, perdón, non a medida, a necesidade de obter recursos, pero esto é debido por toda unha política aplicada dos últimos 20 anos por indicar unha data, política proposta polos nosos políticos elexidos por todos nós, ou por algúns...
Para os que queiran algo máis extenso deixo este outro, máis acorde co que debe buscar Europa, algo que xa debía saber antes de decir o que dixo anteriormente...
Outra imaxen, totalmente contraria á que se mostra nestes dous vídeos e que me conmove e me da esperanza en parte é a dos mineiros de onte á noite pola Gran Vía madrileña. Pouca repercusión é a que acadan nos medios, non convén. Un sector deficitario, insostible a día de hoxe por si mesmo e do que o Estado pouco quere saber. ¿A que vos recorda esto? España, estado español, non se mantén por si mesmo e do que Europa sí quere saber, por necesidade, non por ganas. O sector mineiro como digo é insostible, pero nos últimos 30 anos ¿fíxose algo para reorientalo?. Noutros países con minería cerráronse moitas minas e reorientouse a tódolos traballadores, non sin traballo, pero fíxose. Aquí como sempre vamos con anos de retraso. Ó meu pesar, síntoo por toda esa xente, pero dame que a día de hoxe pouco se vai poder facer. Cantaban "si esto no se arregla, guerra, guerra, guerra", pero dudo que eso se extenda, espero acertar, porque ata o de ahora, coa que nos está caendo é encomiable como está aguantando a sociedade española todo esto. Bueno, non sei si aguantando ou aínda non temos coñecemento real da situación na base da pirámide social. Eu a día de hoxe non se me ocurre pedir outra cousa que non sexa un ERE político. Será á maior guerra que podamos provocar porque calquer outra non tería sentido nin se correspondería con unha sociedade que ante a adversidade se une, recordemos os actos tan de actualidade polo seu aniversario do asesinato de Miguel Anxo Blanco, ou os actos do 15M.
Finalmente e para pechar esta entrada co pan que mellor nos alimenta e alegrías nos da, hoxe fai dous anos que gañamos a Copa do Mundo...feliz e sufrible mércores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario