Visitas

miércoles, 12 de septiembre de 2012

¿Festas? do Setembro

San Cibrao, eso é o que ano tras ano celebramos na vila do Carballiño o 17 de Setembro. como en tódalas festas patronais de Galicia, un santo, ou santa, sempre é a excusa para ter festas nos pobos, xuntarse as familias, comer, bailar e saír. Grandes motivos para que esas familias aporten e se impliquen económicamente...

Nestes tempos de crisis ir pedir polas casas é máis complicado ca nunca, pero debe se-lo en todas partes e parece que só ocorre no Carballiño. Ano tras ano vemos que pobos dos arredores montan unhas festas impropias do seu tamaño, pero acordes seguramente coas xentes que alí viven, por exemplo, en Cea cada casa aporta 150€ -seguro que non todas aportan dita cantidade, pero unhas tapan ás outras - aquí pola contra pídense 10€; nos establecementos pasa o mesmo, alí pagan 300€, aquí coido que 150€...

Tal como neses pobos disfrutan dunhas festas impropias do seu tamaño pero propias das súas xentes, estes últimos anos no carballiño temos a interpretación contraria...

O caso é que coa excusa da crise, incluso desde os equipos de Goberno municipais se tiran balóns fóra en distintas áreas, e as festas son unha máis. Na actualidade temos un concelleiro de festas, con un persoal detrás, sei que o máis doado para non recibir críticas é que as festas sexan organizadas por unha Comisión externa, pero coido que non é a forma máis eficiente. Si queremos come-la carne, ás veces tamén temos que rilla-lo óso. Non se pode ter todo un ano para organizar unhas festas patronais e conseguir únicamente ter unhas pseudofestas. 

Escoitaba unha conversa nunha cafetería pola tarde ó respecto, e o mesmo se trasladaba a outros ámbitos cos que se poderían conseguir rendementos positivos para o pobo, poño por caso o dito das festas, un Rallye do Lacón como en tempos ou mesmo ceder o uso gratuito das instalacións deportivas ós equipos da vila para promove-lo deporte...en lugar deso, tíranse pedras contra o propio tellado e os que mandan ou ben o aceptan ou non se enteran da historia...e si un non se entera do que ten que facer, o mellor é que o recoñeza, recolla os bártulos e se aparte...

No hay comentarios:

Publicar un comentario