Visitas

lunes, 22 de octubre de 2012

Análisis da xornada electoral galega: Unha perspectiva autonómica, provincial e local

Onte Domingo, 21 de Outubro de 2012 celebramos en Galicia eleccións ó Parlamento da nosa CCAA; estábamos chamados para exercer o noso dereito de votar, 2.696.513 residentes e non residentes, de galegos e galegas, dos cales, a falta de saber datos dos non residentes, 832.678 optaron por facer cousas mellores ca acudir ás furnas. Personalmente, como membro desta nosa sociedade, síntome profundamente decepcionado, non porque a victoria recaera nun ou noutro bando, senón porque os datos poñen de manifesto, e espero non ofender a nadie, o analfabetismo político que demostramos dando por bo o dito de que "temos o que merecemos". Teño as miñas dudas en canto á orixe desta manifestación, e as mesmas darían para falar largo e tendido, cousa que non me apetece neste intre...

Dos resultados de onte e o seu análisis, o meu análisis personal, conveño afirmar o seguinte a falta dos datos do exterior: 

1. Participou activamente na xornada electoral o 63,80% da cidadanía -1.467.657- o 36,20% restante, quero pensar, non lle gustaba ningunha das opcións políticas que se presentaban. Esto supón que máis da 1/3 parte da poboación non se sinte representada polos candidatos.

2. Do 63,80% venceu o partido político que obtivo o 45,72% dos votos con 653.934, é decir, o partido apoiado polo 28,44% de cidadáns vai gobernar sobre o 71,56% restante, que en principio está composto por persoas ás que non lle gustaba candidatura algunha e outras totalmente contrarias a ese partido que vai dirixir o noso futuro como administrados no ámbito autonómico.

3. O PP, alcanza 3 diputados máis ca no 2009, sendo apoiado por 135.493 persoas menos...este dato quizaís sexa o máis preocupante e no que máis se debían parar os nosos políticos.

4. Os principais partidos de esquerdas alcanzan 639.161, tan só 14.773 votos de diferencia. ¿Cómo vai funcionar ben unha sociedade, cando se aplican políticas que unha gran parte da sociedade non considera oportunas? Dentro destes partidos, desastre no PSOE que perde 10 puntos porcentuais e 230.817 votos; por contra Beiras volve acadando 200.101 votos que aglutinan ó meu entender desencantados do PSOE e do BNG, posto que este último perde tamén 125.329 votos. Con estes datos podemos decir que a dereita perdeu 135.493 votos e a esquerda 172.486, polo que o desencanto desa xente que non considerou ningunha das alternativas debería ser motivo de reflexión tamén como xa comentamos ó inicio.

Dito esto, coméntovos os datos a nivel provincial e local:

Na provincia, a participación foi maior ca no 2009, sendo dun 66,99% frente ó 64,13%; o PP perdeu 21.515 votos, o PSOE, 29.485 e o BNG-Anova, 7.830. DO, obtivo 4 veces máis votos ca nas pasadas eleccións. CxG, obtivo 3.246 e SCD, partido de Mario Conde, 2.800.

A nivel local de O Carballiño, o PP incrementou o número de votos en 184 mentres que os outros partidos máis votados perderon 816 apoios. Esto supón un forte pau para o candidato a Presidente, Pachi Vázquez, e penso que para o Carballiño, porque si o pobo non apoia a un veciño -obviando ideoloxías- que de alcanzar o cargo seguro miraría por quen o apoiou, pouca historia hai que narrar...

A modo de conclusión indicar unha reflexión, a esquerda penaliza moitísimo o seu desencanto fronte os seus partidos, mentres que a dereita non. Oxalá que esta maioría ficticia de Feijoó supoña un impulso e un avance para TODA a sociedade galega sexa da cor que sexa e especialmente para aqueles que están a ser máis penalizados e menos teñen. Unha solicitude a maiores, si a 1/3 dos cidadáns non lels gusta ningunha alternativa, 1/3 dos escanos do Parlamento deberían estar baleiros, polo menos aforraríamos uns soldos e os parlamentarios que quedaran terían que traballar algo máis, que nos tempos que están xa lles toca ;)

2 comentarios:

  1. podían votar Escanos en Branco.

    ResponderEliminar
  2. Sí, pero o problema penso que foi a desinformación...eu din con xente qeu tras votar aínda me preguntou, pero eso era un partido de verdade ó que poder votar????

    ResponderEliminar