A actual Constitución pola que reximos a nosa convivencia en sociedade vai cumplir 34 anos; segun o INE, a 1 de Xaneiro de 2011, 18.460.743 españoles, tiñan esa edade ou menos, algo así como o 45% da poboación non puido votar esta norma. O que si é palpable a día de hoxe, é que moitos non están dacordo con puntos concretos da mesma e unha ampla maioría optarían por modificala ou adaptala ás necesidades sociais actuais.
Partindo desta premisa, penso que un punto no que fracasaron os nosos "pais fundadores", foi a previsión da futura revisión e os cambios sociais, algo un tanto complicado de ver si miramos atrás e a velocidade que as sociedades alcazaron en canto a cambios estructurais no funcionamento das mesmas...Creo que este pode ser un bo punto de partida na miña reflexión: Si a Sociedade Española cambiou, por qué non cambiar as normas polas que nos rexemos, por qué algo tan natural, nos costa tanto, lles costa tanto ós políticos, ¿por qué?
Entrarei a analizar un pouco o TÍTULO PRELIMINAR (art.1 e 2) da nosa norma e segundo o re-leo anotarei os posibles cambios que percibo, pero antes de comenzar explicareivos a forma en cómo percibo eu dous conceptos fundamentais, polo menos para min, moi importantes e cos que nos atopamos ó longo da Carta Magna e dan pé á confusión: Estado e Nación. Si queremos convivir coas nosas CCAA, con España e Europa penso que debemos concretar que é cada un deles. Para min as CCAA son os espacios xeográficos nos que conviven persoas que comparten rasgos culturais, idiomáticos e sociolóxicos similares que queren compartilos e vivilos de forma conxunta...Sendo así, teño importantes dúbidas das diferencias que poden existir entre un castelán-leonés e un castelán-manchego, cun murciano ou un rioxano a efectos prácticos. Dentro destas CCAA, así denominadas, daría cabida ás consideradas Nacións históricas e ás Rexións; as diferencias, pois que unhas foron consideradas como Nación nalgunha parte da súa Historia e as outras non, ou estiveron incluídas dentro doutra, por exemplo Galicia respecto da CCAA de Madrid.
Nun segundo nivel sitúa a España, a cal renuncio a chamar NACIÓN, porque foi o resultado da unión de varias nacionalidades ou reinos e prefiro optar por chamarlle ESTADO, como forma de unión dos entes -neste caso CCAA, nacións históricas e rexións- con autonomía e soberanía propia para ser parte desa integración.
Finalmente nun terceiro nivel situaría a Europa, ente situado no máis alto da pirámide organizativa dentro do noso continente, o coñecido como ente SUPRAESTATAL. Quero incidir no de supraestatal e non supranacional, porque non todas as partes que suman neste ente son nacións xa que moitas son a suma de rexións, noutros a suma de nacións e rexións como o noso caso e outros se presentan como Repúblicas ou Federacións, todas formas estatais e non nacionais ó meu modo de ver para dar cabida a tódalas situacións.
Tendo definido esto, entro a analizar:
Art. 1.3 - "La forma política del Estado español es la Monarquía parlamentaria".
Neste artigo 1 fálase de Estado, no sentido que vos explicaba anteriormente; tendo en conta os cambios sociais e as ideas que xurden do pobo, creo que a redacción aplicable hoxe en día podería ser: Art.1.3.a "La forma de Gobierno del Estado español es la elegida por el pueblo español cada 20 años en las actualizaciones constitucionales que establece esta constitución". Art.1.3.b "La forma de Gobierno de esta Constitución será la Monarquía parlamentaria".
Art. 2 - "La Constitución se fundamenta en la indisoluble unidad de la Nación española, patria común e indivisible de todos los españoles, y reconoce y garantiza el derecho a la autonomía de las nacionalidades y regiones que la integran y la solidaridad entre todas ellas".
Neste artigo xa se da pé á confusión entre Nación española por unha parte e nacionalidades ou rexións como elementos de segunda...¿É necesario este apunte?¿esta diferenciación? eu penso que non sempre e cando se adapte da seguinte forma: "La Constitución se fundamenta en la unión y mantenimiento del Estado español como tal, siendo la suma de las naciones y regiones que lo componen en base a la soberanía de sus ciudadanos". En caso de que algún integrante queira escindirse establecerase un articulado concreto dentro da CE que determine os términos, o estatus posterior e a regularización económica bilateral.
Outro día profundizarei máis na nosa Carta Magna...
No hay comentarios:
Publicar un comentario