Visitas

viernes, 1 de febrero de 2013

Vergonza axena

Non estou seguro de cómo enfoca-lo tema, pois é algo que todos pensamos nalgún momento personalizando en exemplos concretos ou xeralizando e dando por bo o que obxectivamente é unha aberración social nun Estado de Dereito...

Lamentable imaxen do PP
Hoxe pola mañá escoitaba na Radio Galega - PINCHA AQUÍ- un ex deputado do PP, (minuto 7) que recoñecía que o que lía nos periódicos sobre os "sobres" que algúns políticos reciben son algo normal, daba a entender como lícito sin chegar a decilo, pero tampouco o calificaba como ilegal ou alegal, como os seus contertulios lle indicaban... Apreciaba que eses cobros por cargos políticos non son un sobresoldo, senón que son un soldo, pero que non o podían declarar como tal porque en moitos dos casos non sabían de onde procedían os cartos, o que para a xente normal entendemos -eu incluso acepto- cobrar un soldo pero en "B", algo que fiscalmente está prohibido e pode constituir un delito contra a Facenda Pública. Este señor calificaba de...non estou seguroda palabra, pero viña a considerar hipócritas a aqueles que saltaban ahora contra esta situación. Neste punto encendéuseme a luz. Efectivamente, algo de razón tiña nese razonamento...

O caso é que, por tradición española, miramos para outro lado cando todo nos vai ben, e disparamos contra todo o que se move cando as cousas non van polo noso rego. 

Lamentable imaxen da Casa Real
Ata hai pouco, quen máis quen menos compraba piso, coche, marchaba de vacacións un mes, de pontes cando as había, vestía bárbaro, pero ninguén se preocupaba de si esa situación era real ou non, ou como moito, os tiñan a principal responsabilidade e deberan ter a mellor información e os mellores asesores decían que estabamos na Champions League. Ahora a situación mudou radicalemente. Antes e ahora. Antes axudábamos a países militarmente, ahora invadímolos ou si non teñen nada que ofrecer miramos para outro lado; Antes eramos dos países influíntes da UE, ahora non nos deixan nin barrer a nosa casa; antes o Rey era respetado e exemplo de monarca, ahora anda polo chan cada dous por tres, a súa familia é un descontrol, vaise de saffari cando todo dios está pasándoas canutas, o xenro é un mangante, a muller unha cornuda e él un catador de gins de tres pares; antes Valencia e Cataluña eran casi que os motores de España, tódalas CCAA querían facer inversións do seu estilo, que F1, que si MotoGP, que si...todo mentira, ahora todos renegan delas, que si queren independizarse que se vaian pero que paguen...; antes os Alcaldes eran xentes respetadas, influíntes, de consolidada capacidade xestora, ahora parece que si non están imputados, non souberon roubar como é debido e mófanse deles; antes parecía que todos os contratados polas Administracións eran os mellor capacitados, ahora resulta que os do PP poñen ós seus afiliados e os do PSOE o mesmo; antes o presidente da comunidade de veciños era un samaritano pola súa dedicación e ahora tódolos veciños sospeitan de por qué tanta devoción...

Lamentable imaxen dos mandatarios
Neste punto doulle a razón ó personaxe da radio, Luis penso que era o seu nome, pecamos de hipócritas e demagogos, porque nin éramos tan tontos antes, nin ahora somos tan listos. Si fósemos un País de verdade, unha Sociedade cunha mentalidade de superación e traballo non sairíamos á rúa, non sería necesario, porque os nosos representantes farían o que deben. É palpable a crise de valores que temos, xa a anunciei en repetidas entradas deste blog, pero aínda máis palpable é a incapacidade do polo menos 90% da nósa clase política, abonda con ver algún dos debates no Parlamento ou no Congreso, o "barriobajeros" que chegan a ser, a falta de obxectividade, o "y yo más"...

Lamentable imaxen do
Presidente
Señores, por favor, todos temos claro que hay que cambiar cousas, pois cambiémolas, collamos todas, discutámolas e ó chegar a acordos de consenso maioritario, que non Parlamentario, apliquémolas coas leis que nos temos dado a día de hoxe:

- Que queremos ser República ou Monarquía, federal ou unitaria, adiante votemos e logo cambiemos a Constitución, pero non só neste punto...
- Que queremos que o Rei poida ser Raíña, adiante, cambiémolo tamén...
- Que non estamos dacordo coa fiscalidade das CCAA, señores, ou todos iguais ou cada un que se administre como poida e adiós principio de solidariedade...
- Que entendemos que a Lei Electoral e de Financiación dos partidos políticos son un fraude, camiémola...

Lamentable imaxen da
oposición
- Que o Código Penal necesita unha remodelación polo sentir da sociedade respecto a temas como a corrupción, terrorismo, violencia de xénero...cambiémolo.
- Que creemos que a Xustiza está politizada pola elección dos seus estamentos polos Partidos políticos, señores bipolares, cámbiena.
- Que creemos que a prensa xoga coa xente e informa partidariamente das nvas, pois señores, dereito de información si, pero cando sexan firmes as sentencias...que son moi lentas, pois poñan os medios para que sexan máis rápidas.
- Que creemos que o caciquismo está en tódalas partes ó noso arredor, pois denúncieno, onde sea oportuno, si seguimos co medo a represalias, algún día seremos represaliados SI ou SI...

Lamentable imaxen para
O Carballiño
Temos que cambiar a nosa perspectiva social, superar a tradición, española e galega, o "Spain is different", o da Champions League, o das boinas e trombóns...e eso ten dúas vías, de arriba cara abaixo, ou de abaixo cara arriba. A primeira sería para min a desexable, pero co paso dos anos esa utopía medra, a segunda é maís anárquica, costosa e probablemente só reside con fundamente e credibilidade na mente duns poucos. Sexa como sexa temos que cambiar e cada un debe aportar o seu grao...eu por hoxe xa o fixen con esta reflexión.

1 comentario:

  1. Totalmente vergoñento! Acabo de descubrir este blog. Véxolle a pega de que o laranxa sobre fondo verde fai un dano para a vista incrible.
    Sigue con este proxecto. :) Un saúdo.

    ResponderEliminar