Visitas

miércoles, 31 de julio de 2013

O esquecemento da presunción de inocencia

Hoxe, unha semana despois do tráxico ACCIDENTE ferroviario de Angrois e prácticamente de forma inmediata, para todos parece estar claro quen é o culpable, o MAQUINISTA e todo elo tras escoitar a numerosos políticos, técnicos, outros maquinistas, medios de información, vídeos, etc. que non aclaran nada. 

Un sucesivo contagotas de información do que si me poño no caso dalgún ferido ou familiar dalgún falecido daríame asco e vergonza. Quixera escoitar ó maquinista, a súa opinión, a súa verdad, miralo ós ollos e identificar si esa verdade é sincera, sentida, si é unha mirada de arrepentimento. Non vai devolver ós mortos, pero unha persoa que viva o que viviu él quédalle un cargo de conciencia que nin a propia morte borra.

Dudo que alguén poda certificar ó 100% que él sexa o único responsable e fundamento esto tras opinar, leer e informarme a través de diferentes fontes, a última, o auto do xuez:

1. O tren accidentado circula a unhas velocidades superiores a 200km/h, para min eso é alta velocidad.
2. O exceso de velocidade foi a causa do descarrilamento.
3. As balizas da vía, como elementos de seguridade, indicaban "vía libre", o que para un maquinista que no percorrera o tramo significa a autorización para seguir circulando a velocidade máxima de 200km/h.
4. Ningún sinal advirte da reducción a 80km/h, aínda que sí hai unha reducción expresa no libro de horario e máis no cadro de velocidades.
5. O sistema de frenado ASFA funciona si calquer tren circula a máis de 200km/h, por debaixo desa velocidade o único facultado para frena-lo convoi é o maquinista.
6. O tempo de reducción de velocidade de 200km/h a 80km/h supera en pouco 1 min.
7. Non houbo dolo, si pode haber conducta neglixente, importante xurídicamente.
8. Os políticos deste país nunca son responsables de accidentes en infraestructuras públicas con deficiencias.
9. Os intereses da industria ferroviaria española son moi elevados nestes momentos.

A suma de todos estes puntos fanme pensar o seguinte:

- O tren accidentado é un elemento de transporte de pasaxeiros de características especiais e que hai que ter en conta para a súa construcción e o seu manexo. 
- A velocidade é o factor máis importante a ter en conta en ámbalas, polo que se deben dispoñer dos medios técnicos, tecnolóxicos e humanos máis sofisticados.
- Queda comprobado que os medios tecnóloxicos en canto á seguridade non son os suficientes, así como que os técnicos en canto á sinalización e indicacións ó maquinista tampouco.
- O sistema de seguridade ASFA é unha inversión demasiado alta para a rendabilidade, pois so funciona a unha velocidade superior a 200km/h e existen tramos como este nos que é necesario reducir ata 80km/h.
- Ante frenadas tan bruscas e imposibles de realizar de forma inmediata, os avisadores e medios tecnolóxicos para reducila velocidade non deben de depender única e exclusivamente do factor humano cos medios tecnolóxicos existentes.
- Unha persoa non pode responder pola morte de alguén si non quere matalo ou actúa imprudentemente considerando a posibilidade de que pode matar coa súa actuación, cousa que tampouco ocorre.
- Os políticos de turno véndennos a ALTA VELOCIDADE e o que temos son uns medios de transporte con deficiencias correxibles. Quixera eu saber si hubo informes técnicos advertindo destas deficiencias ou alternativas para correxilas que se descartaron por motivos económicos.
- O maquinista é inocente penalmente mentres non se demostre o contrario, igual que os constructores do tren e das vías e, en última instancia, os políticos que asinaron a construcción de tal infraestructura. Todos, na súa proporción serán responsables da morte de tódalas víctimas e todos deberían acatar as consecuencias reparadoras de dito sinistro.

Teñamos respeto e fe en que a verdade, toda a verdade, salga á luz.


No hay comentarios:

Publicar un comentario