Como tódolos anos, xa temos cerquiña a nosa querida "FESTA do PULPO". O segundo domingo de Agosto, que este ano cae a día 10, no fermoso, aínda que un chisco descoidado, Parque Municipal, disfrutaremos do noso menú máis apreciado fóra dos nosos límites xeográficos, o polbo á feira.
Este ano a Festa está adicada ós galegos emigrados en Cataluña, ós de antes e ós de ahora, polo que si tendes conocidos nesta situación, non dubidedes en aproveita-la ocasión para "obrigalos" a visitarnos e pasar unha boa troula no Carballiño.
Récord guinness da tapa máis grande do Mundo |
Peñas coas súas camisetas |
Tradicional comida-romería no Parque |
Peñas o domingo no Parque rematando a troula |
Adxunto a continuación a páxina web oficial da Festa, así como un enlace ó programa que se extende do 1 ó 12 de Agosto con numerosas actividades gastronómicas e infantís.
Promovede a nosa festa, que cada ano sexa mellor e que nos de motivos para traer amigos invitados de tódalas esquinas do país...
Programa: PINCHA AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario