Dado o día no que estamos, imos deixar caer un desexo...que colmaría o resto deles seguramente...
Que os políticos se adiquen a facer política, é decir, solucionar, ou tentalo polo menos, os problemas que como sociedade poidamos ter, e mellorar a mesma para ter, o 100% da poboación, unha mellor calidade de vida ou polo menos digna.
Con elo, alcanzaríamos unha sociedade máis igualitaria, na que a riqueza se distribuiría mellor, na que á xente non lle faltara onde vivir, onde traballar, qué comer, onde estudar, onde curarse e onde morrer...
...unha sociedade na que a xente nova teña onde traballar e non teña que emigrar, así como onde a xente vella non teña que traballar ata o último suspiro...
...unha sociedade onde todos sexamos iguais ante a lei, ante as oportunidades, onde rixa o principio de meritocracia, así como o de solidariedade...
...onde cada estamento teña as ferramentas necesarias para face-lo seu cometido e o cumpla con rigor, autonomía e eficiencia...
...onde a obxectividade e a razón, se impoñan á vontade duns poucos de maneira parcial...
Non é unha utopía, é a sociedade que nos teñen secuestrada.
BO NADAL E PRÓSPERO 2015
No hay comentarios:
Publicar un comentario