Visitas

jueves, 24 de septiembre de 2009

Festas do Setembro...

¡Qué pena!, xa rematou o verán, ou eso pasaba antes cando as Festas do San Cibrán remataban...ahora non, ahora co do cambio climático temos un plus que veremos cómo podemos encher...igual hasta temos que ir á praia en outubro...

Pero o tema do título son as festas que "disfrutamos" a semana pasada; todo o mundo parece estar dacordo en que foron as peoresque se recordan, pois sí, eu tamén o penso. Aínda así matizo na miña opinión varias cuestións:



  • Non cadraron nas mellores datas, mércores 16 y xoves 17, xa di moito, non podemos pretender que se desplace mooita xente nesas datas ata O Carballiño...
  • As actuacións non foron as mellores, Cómplices veñen de volta da música, de Navajita...disculpade a miña pouca cultura musical pero só lles coñezo unha canción, a que todos temos en mente ahora...que lle imos facer se a maioría da xente temos pouca cultura musical, tamén teñen pouca educación política os que nos gobernan e máis os votamos...
  • A crise económica esta que soportamos tamén influiría algo digo eu, que non é o mesmo saír catro días como se fose pa unha boda, que un a ver a cantas nos invitan nos locais nocturnos...
Penso que todo elo combinado provoca esta sensación de festas moi mediocres as que poidemos disfrutar...e ahora ¿qué?, pois ahora xa saliron uns e outros afirmando que sí que foran as peores...non sei que dirá a comisión, que cun presuposto reducido, con pouca axuda do Concello e menos propostas previas para evitar esta sensación da oposición...desde aquí, as miñas gracias polo esforzo, que queredes que lles diga, alguén o tiña que facer, porque falar a posteriori é moi fácil, e vaia por diante que non coñezo a nadie da comisión nin de que color van vestidos¡¡¡¡

Penso que o mellor era empezar cas do ano que ven: 13(lunes), 14(martes), 15(mércores), 16(xoves), 17(venres), 18(sábado) e 19(domingo).
O luns, martes e mércores, pouco podemos facer por meter xente, salvo bandas de música pos do pobo, gaiteiros, charangas e cabezudos, acompañado elo por actividades para os máis cativos.
Ahora si, xoves, venres, sábado e domingo ten que ser a repanocha; eu propoño:

XOVES 16: Festival de Música similar ó Reperkusión de Allariz, a xente nova por esas datas aínda está sen universidades e pode desplazarse...durante todo o día e con concertos alternados na Pista Roxa e por Flores.

VENRES 17: As mellores orquestas de Galicia, enténdase Panorama, París de Noia e algunha máis tradicional desde a tardiña na Pista Roxa, na Praza Maior e no cruce de Ribadavia e unha gran tirada de fogos cun final deses de tronío como os que había antes...que se enteren hasta en Compostela¡¡¡



SÁBADO 18: Un grupo de actualidade do panorama nacional, por exemplo Amaral, que me gusta moito, capaz de meter xente de outras vilas un sábado á noite, lugar, como se ten que ser en Espiñedo e cobrando, por qué non...si non é unha locura e axuda a elo, poñamos entre 6 e 10 euros.


DOMINGO 19: Unha orquesta das "tradicionais" na Praza Maior e pouco máis...

Por suposto as atraccións máis céntricas situadas entre as localizacións dos escenarios das orquestas, entendamos: para os pequenos ó lado do concello, na rúa Cesáreo Tizón e as outras para máis maiores, desde o cruce de Ribadavia ó Grupo escolar; recordar que estas rúas non comprometerían o tráfico sobre medida, ó ter alternativas e desvíos...


É unha proposta, pero esto está aberto a outras ideas...

1 comentario:

  1. Totalmente de acordo!!! Aquí todo o mundo critica pero é a primeira vez que escoito algunha proposta alternativa, e ademáis razoable

    ResponderEliminar