jueves 5 de enero de 2012

Neste ano 2012...

Esperemos se nos cumpran os nosos desexos, polo de pronto, e tralo cambio de Goberno no Estado, esperemos que aqueles con menos recursos non o pasen peor...

A nivel local, pola miña parte desexo que non se faga a Incineradora no Irixo, polo menos non da forma que se está a falar. Os nosos representantes desde o ámbito local deberían promover alternativas para desfacernos do noso lixo sin ter que mandalo a outros concellos ou outras comarcas como xa fan nalgúns lugares da nosa xeografía (ver segunda imaxen). Cos cartos que din que se van a gastar, poderíase alcanzar tal obxectivo. Por un futuro sostible, Incineradora como teñen pensado facela NON. http://matarpormatarnon.org/sogama2-basura-de-ciudades-para-envenenar-el-rural





sábado 19 de noviembre de 2011

Importantísimo día mañá

Desde este espacio fago un chamamento claro ós lectores do Blog que non teñan claro qué facer mañá, si quedar na casa ou ir votar. 

TEMOS O DEBER DE IR

Si queremos que as cousas vaian a mellor, que se fagan doutra forma temos que acudir ás furnas, non nos queda outra. Votedes por quen votedes facédeo de forma razonada. Pégovos uns gráficos e datos sobre encostas para mañá.


sábado 12 de noviembre de 2011

Indignación Social

Hoxe a medio día, ás 12:15 da mañá, na rúa principal iniciouse un incendio no edificio das gelerías Magariños; a súa orixe a esta hora é descoñecida para o que vos escribe, pero eu mesmo fun testigo en primeira persoa do suceso. 

Esperamos que esta hora, das NOVE persoas afectadas que puiden contar estén ben.

O relato dos feitos foio seguinte: Tralo aviso de incendio, presentáronse dous axentes locais no citado edificio deixando o coche oficial no medio da rúa e pechado. Cando eu cheguei ó lugar de casualidade, no entresuelo, nas ventanas da peluquería atopábanse dúas persoas maiores, un home e unha muller que amenazaban con precipitarse polo medo ó lume e o irrespirable fume. Ós 10 minutos chegaron os "bombeiros", e poño entre comillas, e o digo con todo respeto, porque por cómo actuaron a min non me parecen que deban ter ese nome por falta de preparación, e repito, non considero inadecuada a súa actuación, senón que opino que se viron desbordados. Foron os veciños os que tomaron a iniciativa neste momento e se puxeron mans á obra; como os bombeiros non actuaban de maneira rápida, un veciño rompeu o cristal do coche da policía local e conseguiuse apartalo para, posteriormente situar unha escada pola que poder baixar á esas dúas persoas maiores. Os que axudaron a baixar a esas dúas personas e romperon o cristal do vehículo oficial, foron veciños que se subiron á propia escada, e non exaltados contra a policía local como xa se comentou nalgún bar.
Logo, máis veciños, entre uns seis ou sete, solicitaron extintores entre os locais comerciais para descargalos no portal do edificio pois as chamas iban a máis. Vivíronse momentos angustiosos posto que familiares de posibles víctimas estaban na rúa e esixían responsabilidades ós políticos que alí se presentaron pero que pouco orden poñían, ó contrario, algún familiar desdes aínda se encaraba, perdendo totalmente os papeles e non alcanzando a entender a gravedade da situación.

Despois, unha vez conectaron as mangueiras, penso que se cometeu outra irresponsabilidade por falta de preparaciñon ó tratar de votar auga ó lume sen ter a certeza de que non había risco eléctrico. Posteriormente, logrouse acceder e comenzaron a baixar ás primeiras víctimas do suceso. (O vídeo que vos pego recolle as imaxes ata este momento). As primeiras en saír foron unha nai e a súa filla, con queimaduras. Neste momento, o que vos escribe chamei ó 112 para que nos diran instruccións e informáronme de que UNHA ambulancia se dirixía cara o lugar, ó que lles respondín que unha non era suficiente, que enviasen máis porque polo de pronto xa había catro afectados e era un edificio grande. Logo saíron outras dúas víctimas con rasgos de queimaduras e bastante desorientados. Teño que decir q a xente, agolpábase e eso non se debe facer, primeiro débese deixar espacio para traballar e segundo actuar con coñecemento, entendendo aínda así que moitos o facían por axudar ¡¡ós afectados con queimaduras non se lles debe poñer paños de auga encima das posibles queimaduras¡¡.

A continuación conseguiuse sacar do edificio a outro home maior, bastante afectado, en camilla, o cal foi atendido na rúa ata que non chegaron máis ambulancias.

Por último, conseguiron localizar ós dous axentes da Policía Local con signos de intoxicación e dificultades respiratorias.


Desde este BLOG denunciamos a falta de medios en Carballiño unha vez máis, tendo en conta o tipo de edificios da vila. No CHEDA, edificio no que vivo levamos a cabo a instalación de mangueiras en cada planta que poden ser de gran axuda para casos como este nos que os primeiros en acudir son os propios veciños. Recordar que aínda que se tome a iniciativa debe ser sempre con coñecemento de causa, a pesares de que, si somos persoas, o insitinto natural de axuda ó veciño é inevitable. Facer incapé de que se deben tomar medidas urxentes en diferentes ámbitos que deben ser prioritarias XA, e non a posteriori de que sucedan as desgracias: Parque de Bombeiros con persoal experto, desfibriladores nas instalacións deportivas, etc...

martes 8 de noviembre de 2011

Espacio útil

Non me canso de ver nos periódicos, e de oir na rúa, a continua demanda de locais e espacios para asociacións da vila, para levar a cabo as súas actividades...


Seguindo a línea da antepenúltima entrada, propoño que os dirixentes do Concello se poñan en contacto coa directiva do Casino, pois esta entidade ten espacio infravalorado para a realización de moitas actividades. Como é lóxico, penso que a todos nos sería máis barato que ambas entidades chegasen a acordos e algún tipo de compensación para sair beneficiados, uns reducindo o custo de mantemento das instalacións e outros reducindo o gasto en alquileres ou compra de locais nestes momentos...




viernes 4 de noviembre de 2011

Importante reflexión sobre a Economía

Deberiamos indagar noutras posibilidades na nosa economía para, chegado o caso, non ter que afrontar medidas perxudiciais para os que menos recursos teñan...