Visitas

jueves, 22 de octubre de 2009

Habemus Pactum

Non fun nunca moi bo en Latín, así que perdoádeme si o "habemus pactum" do título ofende a alguén...o certo é que creo que tod@ os que podiades ler estas liñas me entendedes...


Na anterior entrada deste blog comentei as miñas ideas sobre o que, desde hai unha tempada, están a escribir os periódicos provinciais e tanto se comenta nas tabernas; esto último poida que non sea de todo certo, pero debía ser ser eu creo, pois, se ben é certo que todo pacto ou acordo sempre é benvido, a nós ós cidadáns deberíanos preocupar que os nosos representantes non sepan se van ou veñen, se suben ou baixan...explícome:



Se antes dunhas eleccións, cabe a posibilidade de que por mor do resultado, o mellor para o pobo sexa un acordo entre dous partidos de esquerdas, que ademáis, son os que gobernan na Xunta, por qué un deles nega calquer posibilidade para ese acordo, ou, como foi o caso, condiciona ese acordo a que teña o poder...non me parece moi democrática esa postura, polo menos paréceme unha "pequena" falta de respeto para os posibles votantes, que aínda sabendo que apoiando ó partido que non ía gañar, a priori, estabn dispostos a votalo para que, dende a súa cota de representatividade, diran voz a eses votantes, que querían un acordo das esquerdas...


É certo que cada partido ten a súa identidade, pero tamén é certo que o obxectivo de todo partido democrático é o servicio á comunidade, a defensa dos intereses xerais por derriba dos intereses particulares ou partidistas...


Con esto, non quero criticar o actual posicionamento, porque coma no fútbol con cada partido, na democracia, co día a día, e coas eleccións cada catro anos no noso caso, pódese rectificar...e repito, non critico a actuación do BNG neste momento, critico a posición de ambos partidos de esquerdas, Psoe e BNG, por non acadar un acordo antes, acordo que seguramente fora máis beneficioso ahi dous anos e non ahora, do cal se poden facer moitas lecturas como o afán de poder duns, o medo a perder concelleiros noutros ou, o que realmente desexaría calquer cidadán de ben, acadar un maior benestar para a vila.



Con este último desexo é co que nos debemos quedar e o que deben buscar incansablemente todos os nosos representantes sexan da cor que sexan, pero sempre colaborando, participando, aportando, sumando, nunca poñendo trabas, descalificando ou restando...porque, unha vez máis debo recordar, que todos temos a posibilidade de catro en catro anos, de poñer a todos no sitio que ó noso entender lle corresponde a cada quen...


Ánimo e a traballar...

jueves, 1 de octubre de 2009

PSOE + BNG



 Hai uns días, tomando o meu café de media mañá sorprendeume a importantísima reunión que se estaba a producir, sí, dentro da cafetería, a dous metros ás miñas costas...entre, chamémoslle nestas liñas "Algarrobo", é o apodo que se me veu á cabeza agora mesmo e dúas afiliadas máis do BNG ou no seu defecto, puiden intuir simpatizantes porque lle levaban ben a corrente ó primeiro...


En fin, que salvando o lugar, a hora e as maneiras, as cales quen me discuta que son as idóneas non merece o meu ético respeto, a cuestión era o reparto ou asignación dos despachos a ocupar en canto se produzca a fusión destas dúas empresas chamadas agrupacións locais dos enunciados partidos políticos, na casa do Concello...na miña opinión metíaos un de cada cor nun despacho, por aquelo de que se relacionasen e solucionaran posibles diverxencias históricas tales como as que podedes recordar nos enlaces posteriores.


A cousa é que desde un principio, cando foron as eleccións, a min non me gustou o panorama e eso que tiña a cousa bastante clara do que necesitaba o pobo, pero por todos estes enfrentamentos, disputas, pedras contra a casa allea e demáis, esa idea clara foise difuminando ata perder o interese no resultado final...


Esperemos que dita fusión sirva para ganar todos os que pagamos impostos e reclamamos servicios e non para darnos a volta, despreocuparnos de quen manda e pensar en cómo seguir pagando impostos e satisfacer as nosas necesidades públicas e privadas da mellor forma posible.











Podería seguir, pero xa é tarde e debo descansar...na miña opinión, o que non empeza ben sempre pode acabar peor...