Hoxe dáseme por preguntarvos qué cousas considerades que cambiaron desde a primeira lexislatura na que gobernou o PSOE en Carballiño e as seguintes. Refírome a aquelas cousas que se facían ben e ahora non tan ben, outras nas que se puido mellorar e outras nas que se necesita cambiar radicalemente para voltar a ter credibilidade no equipo de goberno, sexa do partido que sexa, que esté ó frente do Concello...
Oxalá participen moitos cidadáns¡¡¡¡
Polo que vexo, a xente visita algo máis este Blog que levo xunto co da EMF Arenteiro, pero non participa; a idea é precisamente esta, participar, opinar sobre as entradas que se colgan e propoñer outras novas se temos algunha inquedanza sobre a nosa vila...
ResponderEliminarPara iniciar os comentarios desta entrada anoto algo que percibo cambiou desde a primeira lexislatura de goberno do PSOE e estas últimas...a limpeza das rúas, antes de comenzar o verán sempre se limpaban as rúas e as alcantarillas con impetu...ahora eso estase deixando de lado...ó meu parecer, e algo que non cambiou pero si que me parece malo é o de empedrar todas as rúas que se peatonalizaron sen nada de verde¡¡¡
en primeiro lugar darche a noraboa polo blog, tardei en descubrilo, ignoraba que existise; sempre é de agradecer un soplo de aire fresco nun ambiente en ocasións demasiado turbio como o que se respira na sociedade carballinesa según en que momentos; e desexarte que sigas nesta linea de critica constructiva, libertade e denuncia que é tan necesaria nistes tempos que corren, mais ainda debido a tua xuventude e derribando tópicos como o que dì que a xente nova non ten conciencia politica.
ResponderEliminarÒ que vou..., a percepción miña do acontecido durante istes últimos anos é a da ocasión perdida ou fallida, según como se analice a situación, son dos que penso que ainda non eliminamos de todo conductas e comportamentos do pasado, (clientelismo, favores politicos, enchufismo, urbanismo salvaxe, moita improvisación e pouca planificación,xestos cara a galeria, etc.), accións as enumeradas anteriormente que non nos extrañaban de partidos de dereitas pero que nos decepcionan cando un grupo de goberno supostamente de "esquerdas" as leva a cabo en ocasións sin ningun rubor ou medida. Coido que a inmensa maioria recoñece que a mellor epoca a nivel politico do Carballiño foi a do primeiro bipartito, comezouse con gañas, ilusión, algún que outro golpe de efecto, e en definitiva querer cambiar as dinamicas para mellor; pero coido que esa primeira intentona foise diluindo a medida que ian vindo outras lexislaturas, volveu de novo a deixadez, practicas caciquis, e politicos que parecen funcionarios..., politicas sin un criterio definido e tirando pa lante coma se poda..., con un concello arruinado, exceso de funcionariado, en moitas ocasións inoperante e ca sensación de que todo segue igual. (vou rematando que xa me enrrollei en demasia). Comentei anteriormente o da ocasión perdida polo que poido acontecer o principio diste mandato, creín que se podia reeditar outro bipartito, que coido seria positivo para O Carballiño, pero por unhas razóns ou outras non foi posible e ises tempos xa non volverán..., o bipartito de agora chega tarde, e co convecimento de que o tsunami da gaviota aterrizará nesto pobo no 2.011, pero ¿a alternancia non é positiva?, pois igual un cambio de rumbo é positivo, ou non, xa se verá..., a esquerda ten que reinvertarse e creer na utopia dende o pragmatismo... e o pobo é soberano e decidirá, pero como diria un amigo meu ¡me cago no pobo!, igual temos o que merecemos, pero fago miña a frase de que ¡o mundo non se da cambiando, pero nunca deixarei de intentalo! (perdoade polo roio que me botei, intentarei concretar e ceñirme en outra ocasiòn as cuestión plantexadas niste blog).
un saudo a tod@s.
Agradecido polo teu comentario, eso é o que busco con este blog, participación e opinións desde un punto de vista obxetivo e razoado desde o absoluto respeto, graciñas¡¡¡¡ esa deixadez tamén a percibo eu, e o que máis me doe é que esa planificación que dis non é perseguida por goberno e oposición, a fin de contas, a nivel local eu penso que non se buscan obxectivos partidistas posto que os máis marcados rasgos de calquer ideoloxía non se aplican a nivel local, senón que o que se busca a nivel local é cubrir da mellor forma os servicios básicos a prestar e eso considero se da plasmado en acordos cuasi-unánimes entre tódolos partidos, ahí si se podería dar unha alternancia constructiva e non caeríamos na desidia...
ResponderEliminarSi, estou dacordo que a nivel local a ideoloxia queda nun segundo plano e como ti ben dis deberiase chegar a acordos entre as distintas forzas politicas polo ben do pobo; pero ainda lembro algunha moción ou proposta por parte da oposición que me parecia bastante interesante e positiva, e foi rexeitada polo grupo de goberno ca sensanción de que o fixo só polo mero feito de tumbala por vir da outra bancada, iso non me parece correcto, todos deberiamos remar na mesma dirección e intentar conquerir os mesmos obxetivos, que non son outros que melloar iste pobo na medida do posible, pero... a politica municipal en ocasións (demasiadas)nos brinda estos paradigmas.
ResponderEliminare por ultimo, engadir que sigo botando en falta unha planificación en moitas areas municipias, quizais é unha percepción persoal, non dubido das boas intencións e incluso da capacidade de algún membro do grupo de goberno, pero como diria CHEMA FERREIRO, É UN GOBERNO DE PERFIL BAIXO, señores, a traballar, os seus logros repercutirán no ben xeral, e por favor non eleven a dogma de fé aquela famosa frase que di: "LA POLITICA ES EL ARTE DE BUSCAR PROBLEMAS, ENCONTRARLOS, HACER UN DIAGNOSTICO FALSO Y APLICAR DESPUES LOS REMEDIOS EQUIVOCADOS". (son agnostico, pero GROUCHO ti és o meu credo).
saudos a tod@s.
Falando de cambios, que vos parece o novo candidato do PSOE, FRANCISCO FUMEGA, á alcaldia do Carballiño, ¿creedes que é tan pusilánime coma Carlos Montes ou polo contrario é o cabeza de lista que precisa o grupo socialista?
ResponderEliminarEu persoalmente non o coñezo...espero que nas listas de cada partido den entrada a xente nova de entre 25 e 30 anos para ter a alguén que transmita as inquedanzas dos novos, que son bastantes¡¡¡
ResponderEliminarPor exemplo...
ResponderEliminarcon relación aún comentario feito anteriormente, non pensades que tamén é necesario un cambio nos membros da oposición, non só no grupo de goberno, estou dacordo que o grupo de goberno é de perfil baixo, pero a oposición...
ResponderEliminare manuel amil non terá a tentación de volver presentarse como cabeza de lista no bng, porque creo que o efecto "amil" diluiuse, o que non vexo e moita alternativa á sua persoa dentro do bloque, a non sexa que volte chema; ¡presentanse interesantes istes próximos comicios!
ResponderEliminarDesde o meu prisma opino eso, cambiar non só o grupo de goberno, no cal podemos englobar tanto socialistas como nacionalistas...senón tamén populares...está claro que o cambio que éstes últimos quixeron imprimir nas pasadas eleccións como nas anteriores non provocou o efecto que buscaban...eso de tentar compensar antiga escuela coa nova non funcionou...Eu penso que en tódolos partidos, e creo que estes momentos de crise institucional a tódolos niveis, son propicios para deixar paso a novas ideas, novas caras, pero non por cambiar, senón para traballar e darlle un impulso social desde a política; é complicado, seino, pero das necesidades xurde o inxenio, ou eso din, e nestes momentos necesidades hai moitas e recursos poucos.
ResponderEliminar¿podias concretar o das necesidades?
ResponderEliminarNecesidades hai unhas cantas:
ResponderEliminar1. Parque de bombeiros.
2. Centro de día.
3. Ampliación centro de saúde.
4. Maior uso do parque municipal: Teatro ó aire libre, feiras de mostras, festivais musicais...
5. Fixación de tecido industrial dando máis facilidades ás empresas.
6. Optimización dos recursos humáns do Concello, por todos é sabido que traballan catro e cobran dez.
7. Humanización das rúas frente tanto empedrado, (máis verde¡¡¡).
8. Soterramento do lixo no casco urbán.
9. Mellora das instalacións deportivas: máis canchas públicas de futbito ou baloncesto próximas ó casco urbán, só existe a pista roxa e é de baloncesto...
10. Dinamización da Festa do Pulpo e as do Setembro...
Etc...por poñer exemplos e os primeiros que se me veñen á cabeza...
Todo o que enumeraches anteriormente pareceme correcto, pero todo iso pasa en primer lugar por un plan de saneamento do Concello, porque todos sabemos que está na bancarrota,é inevitablemente moitas das actuacións que enumeras pasan irremediablemente por unhas partidas económicas, pero a miña pregunta é ¿como e onde podemos aplicar o "tijeretazo" a esa cantidade de gastos superfluos que se xeneran na casa consistorial, e sobre todo o lastre do gasto de persoal?, coido que é moi complicado, pero nistes momentos precisanse politicos valientes que leven a cabo estas reformas, ainda que certos vicios e comportamentos e dificil erradicar; e non todalas persoas estàn por a labor de remar na mesma direccion...
ResponderEliminarEu tamén incidiria no àmbito rural, cunha brigada de obras e servicios estable no mesmo, pero con unha planificación axeitada e priorizando as actuacións da mesma, e non seguindo outro tipo de criterios que todos sabemos como funcionan...
tamén proporia unha politica cultural propia para a o Rural, con actos e actuacións regulares no mesmo o longo do ano, "obrigando" ás distintas escolas municipais a que fagan, alo menos, algunha representación nas distintas parroquias, e non ceñirse unica e exclusivamente ó ambito urbano.
Un saudo a tod@s.
As miñas propostas son simplemente ideas ó aire, por suposto que a primeira revisión é optimizar os recursos no senso que ti ben dis. A parte, moitas desas partidas son pagadas íntegramente por outras administracións. De todas formas, o que ti dis de que está en bancarrota, penso que non ñe de todo así...senón o organismo competente xa tería actuado, outra cousa é que existan cousas pendentes con proveedores que seguramente non emitiran nin facturas, e eso é culpa deses mesmos proveedores, o cal é unha deuda invisible...desto poderíase falar moito. Nos datos oficiais de 2009, e oficiais non digo emitidos polo Concello, e en aplicación da nova lei de control de gastos para os concellos aprobadas polo goberno, o marxe de endeudamento do Carballiño para o 2011 situaríase en aproximadamente 1.800.000€. Sí che digo que o endeudamento do Concello é máis elevado que vilas similares de Galicia, pero aínda dentro do permitido legalmente e non en bancarrota...ou eso entendo eu cos datos diante.
ResponderEliminarQuizas a palabra "bancarrota", non é a mais axeitada, pero a situación si que é moi, moi delicada e preocupante, e o marxe de maniobra é minimo, cando para dispoñer de liquidez, tes que botar man unha é outra vez de operacións crediticias mal vamos, ainda que estou dacordo contigo en que é a realidade da maioira dos concellos da nosa comunidade, e por desgracia das nosas empresas..., pero sigo reiterando, hai que facer unha planificación a medio-longo prazo e olvidarse tanto do cortoprazismo, pensando nas eleccións, ainda que moita culpa témola os veciños, todo é cuestión de cultura ou de genes, vai ti saber, pero como se di: "a esperanza é o ultimo que se perde", pero a paciencia agótase...
ResponderEliminarsaudos a tod@s.