Visitas

jueves, 5 de agosto de 2010

O funcionamento do noso Concello

Non é que sexa eu malo nin pouco obxetivo, pero os feitos falan por sí mesmos...o funcionamento do noso Concello é un claro exemplo dos fallos que ten o noso sistema productivo frente ós países do noso entorno...

Os empregados entran e saen á hora que lles peta, podédelo comprobar sentándovos nas escaleiras ou nos bancos da Praza Maior frente a entrada...unha vez dentro, a atención ó publico na maioría dos casos é lamentable, pois o persoal máis que dar solucións, esquivan o traballo e pásano de man en man ata o último personaxe do eslabón que, por medo a perde-lo traballo no futuro, achanta, fai un traballo para o que en moitos casos non está preparado, nin ten as facultades propias...

Logo están os tempos de resolución, os trámites burocráticos, e tódalas trabas e oscurantismos posibles...transparencia 0¡¡¡¡¡ e o peor de todo é que o que, quen debería poñer algo de orden en todo esto, ou non ve, ou ben mira para outro lado...

"IT IS EL ROBLECITO"

1 comentario: