É sorprendente cómo se chega un de enterar de cousas...por mor da miña simpatía polo concellal de Deportes, cada día me entero dun caso de contratación fraudulenta, ou contratos ilegais, ou...en fin, mellor non seguir. O meu tema é unha insignificancia, pero non por eso non vou tratar de chegar ó final e poñer a cada un no seu sitio.
Para os cidadáns en xeral, seguramente moitos pensaredes que o funcionamento do Concello é correcto, pero cada día que pasa, como vos digo ,me asusto máis. Teño que decir que eu lexitimei a estas persoas para que me representaran, pero non desta maneira tan, tan, tan CACIQUIL, chegando a comparar os relatos que aquí me contan, como os que me contan dunha "república bananera".
Aínda por encima, os personaxes implicados son sempre os mesmos, polo tanto, non é que comentan un erro puntual que todos podemos cometer, senón que encadenan erro tras erro sen que ninguén lles diga nada, salvo as sentencias que lle van caendo: concatenación de contratos, contratos fraudulentos ou ilegais...un sinfín de feitos que o único que fan é perxudicar ós cidadáns, en primeiro lugar, os que o sufren en primeira persoa, e indirectamente todo o resto porque elo supón un custo para un peto moi esquilmado xa...
Facer política non é vender favores, non é caerlle hoxe ben a alguén e mañá, por caerlle mal, ir a por él ou non o tratar como a outro cidadán...facer política, e esto xa o considero un soño utópico desde que no instituto fixen algún artículo de carácter político, é prestar un servicio á comunidade, traballar para mellorar o existente, non acadar un posto para beneficiarse un mesmo...teño que decir que probablemente esté mal remunerado ser político, matizo, si quen cobrase fóra o tipo de político utópico co que soño, os que temos actualmente por representantes, e non me refiro só a nivel local, deixan que desear...en xeral.
No caso local que vos comentaba, non é normal que quen determine a idoneidad dos contratos sexan dúas personas que non teñen nin idea de dereito laboral; e máis grave, que a persona que está por encima deles non se den conta a pesares das advertencias dadas...e máis grave, que se lle negue documentación os cidadáns coa simple resposta de que "si presentaches a instancia e aínda non cha contestaron é que non cha van contestar"...(ademáis do laboral, tamén descoñecen o dereito administrativo). Certamente é triste que o funcionamento dun pobo se mova por xente que non sabe facer ben o seu traballo, nin preguntan cómo facelo ben...
AS CONSECUENCIAS PAGÁMOLAS TODOS, SI AS TUVERAN QUE PAGAR ELES, OUTRO GALO CANTARÍA...
È o que hai..., por desgraza para todos nós.
ResponderEliminarEsperemos e desexemos que as tornas cambien algún dia, ainda que cada dia me estou facendo mais esceptico ò respecto; hai dinamicas, comportamentos e atitudes dificiles de cambiar por moito que o intentemos; sorte e moita paciencia para o novo goberno que veña despois de maio/2011...vaina necesitar.
saudos a tod@s.