Visitas

domingo, 24 de octubre de 2010

Conclusións da mesa informativa sobre a nova praza en torno á Veracruz

Ó parecer, tra-la mesa informativa celebrada no Casino o pasado venres, o proxecto elaborado pola Xunta non é do agrado dos veciños do Carballiño nin dos profesionais locais que coñecen a obra de toda a vida.

Teño a impresión polo tanto, que a esperada reforma durante tantos anos estase a levar a cabo de espaldas á veciñanza do Carballiño, de espalda ós usuarios desa futura praza e con impostos que eses mesmos veciños pagan en torno ó noso maior monumento representativo que os propios veciños sufragaron no seu día e o que ahora, Iglesia e Concello se disputan. Desde logo para min téñoo moi claro, a Veracruz é do pobo do Carballiño, de tódolos carballiñeses, e somos todos quenes temos que decidir a idoneidad dun ou outro proxecto a través dos nosos representantes.

O que non se pode facer é invertir uns cartos, moitos neste caso, para que non quede unha cousa a xeito e que poña en valor o principal rasgo característico da vila.

Políticos locais a representarnos, políticos autonómicos, a escoitalos e atender a petición de todo un pobo¡¡¡

2 comentarios:

  1. Hola, estiven o venres na charla informativa, e en primer lugar felicitar á xunta directiva do casino por esta iniciativa na cal tivemos a ocasión de "visualizar" como vai a quedar o proxecto da praza.
    Despois de escoitar, ver e analizar o que alí se expuxo, dáseme por facer algunhas reflexións...:
    1º.- Hai un amplo rechazo social ó proxecto
    2º.- Criterios contrapostos entre os redactores do proxecto e os arquitectos locais (que alí se atopaban), xunto tamén co presidente do COLEXIO DE ARQUITECTOS DE OURENSE (que non disimulou o seu desagrado co proxecto).
    3º.- Indignación, estupor e incluso rabia do intelectual carballinés FELIPE SENEN (lúcido coma sempre) co proxecto, cuestionando a sua ética e estética en choque frontal ca obra de Palacios. (FELIPE levantou en varias ocacións aplausos e ca sua belixerancia e vehemencia deixou clara a sua postura a tomar: denuncia na Fiscalia e mover todolos resortes posibles para a modificación do proxecto, animoù ò Pàrroco Xose Benito a que sexa intransixente e non tolere nin permita que se realice actuación algunha na parte esquerda do templo, onde están as palmeras, seica de titularidade eclesiastica).
    ... e varias preguntas:
    - ¿Quen autorizou e diu o visto bó ò proxecto? ¿houbo un concurso de ideas? ¿que persoas compoñian esa comisión? ¿porquè non se realizou unha maqueta do mesmo, cando pola sua envergadura e transcendencia así o requeria?
    Na era das novas tecnoloxias ¿non se poderia haber feito unha recreación virtual do mesmo?.
    ¿non haberia que haberlle dado mais publicidade e resonancia á exposición pùblica do proxecto? ¿si o proxecto estivo exposto, porque non se fixo ningunha alegación ó respecto en tempo e forma?
    ¿porque non habia ningun representante do Concello do Carballiño no acto, agás Aurea Francisco, a cal, como ben dixo se representaba a si mesma, e non viña como representante municipal? (si habia alguén máis, eu non o vin)
    ¿non haberia sido mais democratico a presentación de varios proxectos e que a ciudadania co seu voto decidira, a fin e ó cabo son os veciños e visitantes os que disfrutarán deste espacio? (fixose esta referencia cunha actuación que se levou a cabo na diagonal de Barcelona, sendo os veciños co seu voto, os que maioritariamente decidiron o proxecto a realizar), e por último:
    ¿cales on os pasos a seguir tanto pola plataforma, a clase politica e os veciños en xeral?, e o mais importante:
    Si se decide paralizar e modificar o proxecto, estando en contra os redactores do mesmo (para eles é innegociable o do muro ¡admiten 60 centimetros de rebaixa!, e consideran a actuación global do mesmo, incluindo a zona das palmeras), polo tanto sin o consentimento deles non haberia fin de obra, e moi seguramente se perderia a FINANCIACION DO PROXECTO POR PARTE DA CONSELLERIA...
    ¿QUEREMOS OS CARBALLINESES O PROXECTO TAL E COMO ÉSTA, OU INTENTAREMOLO MODIFICAR, INCLUSO A SABIENDAS DE PERDER A FINANCIACION?
    O QUE ESTÁ CLARO E QUE AS ARCAS MUNICIPAIS NON TEÑEN CAPACIDADE PARA ABORDAR UN PROXECTO DESTA ENVERGADURA, ¿E NON SERIA MELLOR DEIXAR UN PRADO VERDE? ¿OU LEVAR A CABO ISTE PROXECTO?,
    ¡¡¡SEICA DIN QUE NO SEU MOMENTO A TORRE EIFELL TIVO UN AMPLO RECHAZO VECIÑAL EN PARIS!!!, ¿VISUALIZAMOS ALGUNHA POSTAL DE PARIS SIN ESA TORRE? ¿VISULIZAREMOS NO FUTURO UNHA POSTAL DO CARBALLIÑO CON ESA ALEGORIA DOS CEMENTERIOS ANTIGUOS E OS ARBORES DE TALLO GRANDE RODEANDO O TEMPLO?, ¡AH! PARA OS CREYENTES SÓ DEUS O SABE, e para os que somos ateos, ¡SÓ AS AUTORIDADES COMPETENTES O INTENTARÁN SABER!!!
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  2. Por qué todo o mundo está preocupado polo tema agora e ninguén no seu momento. A ninguén lle importou ata fai unhos meses. Moitos falan sen saber e outros intoxicados.
    Eu creo que todo o proxecto é mellorable pero....
    Eu nunca permitiría que se abrise unha rúa por esa praza. Cantos m2 perdemos de zoa verde!!!!

    ResponderEliminar