Adxunto un artículo do periódico El País, e máis concretamente do Blog de Paco Nadal, onde comenta un pouco o especial que é morrer en Galicia, tanto para o que morre, que antes de facelo xa sabe o que vai ocurrir na súa ausencia e está dacordo na maioría dos casos, é máis, ofenderíase se así non ocorrese, todos nalgún momento o pensamos ou pensaremos, e para os que quedan, oraganizadores dos actos posteriores ó finamento.
Pareceume curioso e invítovos a opinar sobre o noso cementerio, o de Señorín, da súa ubicación, das posibles melloras, da falta de espacio, das alternativas...etc., e incluso preguntarvos si coñecedes a alguén que se recorde do Carballiño polo cementerio ó ser éste a primeira imaxen que teñen do noso pobo, eu si coñecín a alguén, foi en primeiro de carreira, o meu profesor de Dereito Romano, R. Ennes...curioso detalle que nunca esquecerei...a de cousas das que nos podemos lembrar toda unha vida...

No hay comentarios:
Publicar un comentario