GOBERNANZA:
Nestes días estamos a presenciar o crecente nerviosismo que florece a nivel europeo e mundial por razóns económicas. Dun lado e outro, Europa e EEUU, Merkel e Obama, defenden posturas que distan de atoparse nun punto converxente, xa que un opta pola defensa do seu mercado e a outra non lle gusta nada eso…o caso é que, EEUU, como China, aplícanse aquel dito galego de que “cada can, lama o seu…”, xa sabedes.
A nivel europeo, a modo de introducción, sen ser eu un experto na materia, todo hai que decilo, seguimos sin ter un guión económico comunitario, e aínda que teñamos unha moneda única, a verdade é que cada mercado interno segue a ter as súas armas para se defender, (escoitade á Canciller Merkel) e cando as cousas van mal, aínda que non cheguemos a extremos, nin teñamos as posibilidades de economías como a estadounidense ou china, cada un tira balóns fóra como pode.
O problema deriva do grado de cesión de competencias ás institucións europeas na materia e na soberanía que cada país mantén a niveis económicos.
Ese plantexamento podémolo trasladar a tódolos ámbitos da vida social e non so europeo; si miramos cara adentro, as tensións económicas reprodúcense entre as autonomías ahora mesmo con que si Cataluña paga ou Andalucía non…e descendendo na escala, repítese outra vez a nivel local con que si uns Concellos están máis ou menos saneados, ou teñen maior ou menor capacidade.
A nivel europeo levamos anos integrando ata que chegaron as borrascas, plantexándose Portugal nesta semana abandonar o euro se siguen estas tensións actuais; a nivel estatal, o tema autonómico está chamado a ser revisado máis cedo ou máis tarde e a nivel autonómico galego, o tema da integración tamén pulula polo aire…
Identificados os problemas, plantexámonos as solucións e as trabas ás mesmas:
Diferentes politólogos, con algún dos cales tiven o gusto de estudiar e intercambiar ideas e opinións, chegando a claras conclusións, como pode ser Argimiro Rojo Salgado da UVigo, optan pola aplicación da chamada GOBERNANZA. Si abrides outra ventá ó lado desta do Blog e buscades na Wikipedia o concepto destacaravos palabras como eficiencia, calidade e boa orientación da intervención do Estado ou Goberno, eu añado calquer entidade con poder de administración, tanto a nivel público como privado. Tras unha lectura rápida podedes facervos unha idea do significado do concepto e logo profundizar noutros escritos de diferentes autores.
O meu antigo profesor, plantexábame hai uns anos o paso adiante que debería dar o actual Estado das Autonomías encamiñándose cara o federalismo; ó mesmo tempo enunciaba a problemática de tal paso como pode ser o medo instaurado en España, do que na miña opinión son partícipes tódolos partidos, dese federalismo, (tanto partidos nacionalistas periféricos como nacionalistas españoles), polo empecinamento por ser máis, para ser diferentes, e o medo histórico do pobo ó asociar o proxecto federal co fracaso da 1ª República, sinónimo de desorden e anarquía.
Tendo presente os avances das sociedades actuais e as posibilidades de participación que individualmente temos, incluso a nivel local, desde esta entrada no Blog fago unha proposta de avanzar nesta reflexión precisamente desde ese nivel como primeira medida posto que das diferentes conceptualizacións, a participación cidadá é un punto común en todas elas, e ¿dónde pode darse unha maior participación ca nos temas que nos tocan de preto, que nos tocan no ámbito local?
GOBERNANZA LOCAL:
Outros conceptos que empreñan os politólogos son integración e multilateralismo; integración penso que todos sabemos en que consiste, mentres que multilateralismo quizais é un pouco máis descoñecido…
Para unha explicación sinxela, entendamos por multilateralismo tódolos intereses encontrados que se poden dar a nivel local, por exemplo, interés duns pais en contar con áreas recreativas, intereses dun empresario con ter boas comunicacións, intereses dunha comunidade de veciños por ter unha boa recollida de lixo, intereses dunha asociación de veciños por contar cuns medios nos seus locais…a nivel local falaríamos dese multilateralismo. Eso pódese trasladar nun ámbito estatal ou europeo a nivel político, cos diferentes intereses provinciais, autonómicos, rexionais, estatais, interestatais, etc.
En Galicia existen 53 Comarcas que se clasifican en áreas metropolitanas, comarcas urbanas, rururbanas e rurais; ademáis pódense diferenciar as chamadas áreas funcionais que serían os contornos das sete grandes cidades: A Coruña, Santiago, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ourense. Tomemos estas comarcas como obxeto de análisis e sobre as cales aplicar esta Gobernanza, esta optimización do poder que individualmente ostentamos cada individuo e concretamente a nosa comarca.
A aplicabilidade da Gobernanza neste ambito consistiría no seguinte:
1. A Comarca do Carballiño está composta polos Concellos do Carballiño, San Cristobo de Cea, Boborás, Beariz, O Irixo, Maside, Piñor, San Amaro e Punxín e en cada Concello reprodúcese o órgano de poder de Alcalde e concelleiros, cos cargos funcionariais que marca a Lei, como é o secretario/a do Concello. En total somos 29648 habitantes tomando datos do INE 2009 e ocupamos unha extensión de 552Km cadrados. Hoxe en día penso que as distancias de calquera destes Concellos coa cabeza comarcal percórrense en non máis de 15-20 minutos salvo excepcionais casos.
2. A desaparición das entidades “Concello” a favor dun novo órgano, poñamos por nome, Consello Comarcal, non supón unha perda de poder dos habitantes deses concellos, senón que supón acadar un maior peso decisional e de consenso entre tódolos habitantes da comarca ahora separados. Esto lograríase establecendo e reglando a participación de todos para a consecución de beneficios globais. ¿Cómo?, pois cada 1000 habitantes desas entidades que ceden o seu poder representativo obteríase un representante que debe estar censado nesa entidade, ó cal calquer cidadán poderá ter acceso para trasladarlle as súas inquedanzas. (Participación cidadá). Así e todo, en cada Concello dos actuais permanecería un mínimo de persoal que deran trámite ás xestións dos cidadáns por medio de rexistros locais conectados cun central na cabeza da Comarca o cal se encargaría de tódalas xestións cos diferentes niveis administrativos. O resultado de representantes sería: O Carballiño (14), San Cristobo de Cea (3), Maside (3), Boborás (3), O Irixo (2), Piñor (2), Beariz (1), o mesmo que Punxín e San Amaro. En total 28 ó que lle añadiríamos un Presidente do Consello, (29), a elexir entre todos os votados dando entrada ó seguinte na lista da entidade que aporta o Presidente.
• A nivel administrativo como dixemos cada entidade mantería unha oficina conectada cunha central; nesa oficina calquer cidadán podería acudir a reallizar calquer xestión ou solicitude e esta tramitarase coa central ben telemáticamente ou dando traslado físico da mesma. Non teríamos 7 secretarios por ejemplo, nin 7 alcaldes, teríamos menos secretarios, pero traballando xuntos e coordinados e cada un especializado en diferentes temas o cal axillizaría moitos trámites, igual que os represenantes, poderían vir de diferentes profesións e estar especializados en diferentes ámbitos…
• A nivel instrumental, unha unión destes concellos podería supoñer acadar maiores cotas de servicios sociais como poden ser a creación dun centro comarcal sanitario donde ingresar a determinados pacientes sin ter que ir á capital estando máis preto da casa, ou un centro de día, ou o tan ansiado Parque Comarcal de Bombeiros, ou unha Policía Comarcal que cun mínimo de dous axentes por entidade local poidan cubrir un maior espazo xeográfico xunto coa Garda Civil.
• A nivel oportunidades cada entidade poderíase especializar en determinados sectores serrando novas oportunidades de traballo e profesionalizando á población activa facéndoa máis eficiente con programas específicos.
Observando estes tres puntos apreciamos as ventaxas que se poden acadar a sabendas da máis que segura negación dos actuais rexidores pois perderían cota de poder particular, aínda que o que nos debe importar ós cidadáns, son as cotas de servicios que se poden acadar para o noso beneficio.
Sen profundizar máis neste espacio, invítovos a que fagades as vosas aportacións e plantexedes o que se vos pasa pola cabeza cabilando na cuestión.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario