Visitas

viernes, 31 de diciembre de 2010

Cada vez somos menos...

Triste é decilo, pero máis triste é que non fagamos nada por evitalo...

Hoxe na "Región" saiu un artigo, (artigo) sobre a reducción demográfica que se prevé para Galicia no lustro 2010-2015 e para nada saímos ves parados os habitantes do Carballiño-Ribeiro pois din que vamos ser 4000 menos, de cerca de 47000hab. a 43000hab. en tan so 5 anos, máis dun 8%. Algo que desde o meu punto de vista é moi alarmante e pouco esperanzador para a terra, xa non para as xeracións futuras pois, en teoría mellor preparadas, buscarán futuro lonxe do lugar onde naceron...

Trátase dun sangrado demasiado duro equivalente á emigración sufrida no século pasado, co inconvinte de que con éste, o retorno, ben humán ou de recursos, non creo que chegue a darse...

Témonos que preguntar qué fixemos para chegar a esto, qué fixo a clase política en tantos anos para tratar de evitalo, e qué podemos facer como sociedade para tratar, se non reverti-la situación, aminora-lo impacto tan forte como dixen que se prevé vai ocurrir.

Penso que neste ámbito, a man invisible de Keynes vai facer menos ca no ámbito económico, e son os Gobernos, con un mínimo intervencionismo, pero necesario, os que deberían velar porque tódalas rexións deste noso país tiveran un mínimo de poboación que vele polos seus valores. Estou a falar dunha redistribución pero en lugar de económica, poboacional. Pode sonar forte denominar á idea como plans de asentamentos, lembrariamonos de Israel e Palestina, non, non quero eso, quero que se faga unha interpretación de Estado, que non nación pois para min, Galicia é Nación, e España, Estado Plurinacional ou Nación de Nacións -a diferenciación é conceptual, pero sin relevancia identitaria, pois cada sociedade é o que quere ser- para que se reorganicen, estudien, programen as necesidades colectivas, para encamiñar en cada provincia ou comunidade ós membros da mesma, a actividades primadas que realmente axuden a vivir cunhas garantías, evitando o fracaso de moitas inversións privadas que desgastan a eses membros e a confrontación de intereses que terminen por agotar os recursos económicos e humáns.

No caso de Ourense provincia, a sangría de membros que emigraron para Pontevedra, e máis concretamente Vigo, foi moi grande. A redistribución á que fago referencia debería ir encamiñada a facilitar e primar a instalación de industria dependente da xa existente nesta provincia desde o ámbito autonómico e estatal, e eso mesmo non lles pode parecer mal á provincia veciña...

Tamén se pode realizar encamiñando ós membros en idade escolar a identifica-los valores que temos en cada lugar, como por exemplo o termalismo e o turismo rural, que sin chegar a ser todos hosteleiros, sí que poderíamos primar, primeiro a formación específica, segundo a creación dun sector regulado, non invasor dos espacios verdes e distribuído por toda a provincia e terceiro fomentar a especialización por provincias a nivel estatal duns ou outros sectores para crear diversidade especializada...turismo rural, servicios, industria alimenticia, industria química...tendendo á especialización en cada ámbito desde abaixo...

Podedes estar pensando nun adoctrinamento, pero eu non o vexo así, un neno pode ir vendo os valores do lugar onde vive, ou podemos axudarlle a velos e aprecialos e mesmo loitar por eles dándolle facilidades ó longo da súa vida como sociedade racional que somos...

É complicado revertir a situación, pero debe ser un dos obxectivos para a provincia na próxima década.

No hay comentarios:

Publicar un comentario