Visitas

jueves, 12 de mayo de 2011

Aposta para o 22-M

Tras iniciarse a campaña, e previa sondaxe que sairá publicada mañá na Rexión sobre a intención de voto no noso Concello, gustaríame expresar, de forma visionaria, (posto que a posteriori é moi fácil), a miña particular idea en canto á cuestión. (Permitídeme acompañar esta entrada con tiras cómicas de tódolos partidos, que ninguén se moleste e se tomen co debido humor...)

Xa expresei nalgunha entrada anterior as dúbidas e incógitas que me levantaban tanto os candidatos, como a situación actual do entorno socio-económico, como o pensar da xente, polo menos, o pensar da xente coa que trato a menudo de diferentes tendencias políticas...

Decantareime despois do meu análise polo seguinte resultado: 7-7-3, mantendo por pacto o goberno bipartito PSOE-BNG.

Este resultado supón que PSOE e BNG perderían 1 concellal cada un en favor do PP, pola baixa de Amil por un lado, e pola crise actual socio-económica, que indirectamente pode xogar un papel negativo nas filas do PSOE, por outro. Ademáis de este último punto, sumo o desencanto crecente que percibo e me tocou vivir en primeira persoa, cara certas persoas da lista do Psoe, e o seu "modus operandi" na súa xestión que para nada se correspondeu coas funcións do cargo e a súa responsabilidade e deber de transparencia. 

Estamos a falar de casi 2000 votos que mudarán de signo ou non acudirán a votar, se absterán, algo que como xa mencionei no seu día, influirá no resultado final...

En futuras entradas irei analizando, sempre desde o meu punto de vista e da forma máis obxectiva posible, en base ós meus conocementos, os distintos programas de cada partido que se presenta...

Un saúdo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario