A piques de rematar Setembro podemos decir que aquí no Carballiño co fin das festas rematou o verán.
As festas deste ano como todos ben sabedes foron "austeras", non houbo nen concertos de cantantes de ámbito nacional, nin grandes orquestas, e por poco, según os nosos representantes políticos, casi nos quedamos sen alumeado...
Toda esta situación de austeridade, esperemos servise para dúas cousas, por unha parte non se empeñar máis, e pola outra, saldar algunha débeda das que se arrastraban ano tras ano, e como resultado, a cousa quede a cero...OXALÁ.
A título persoal, non me pareceron mal as medidas, o que si me parece sospeitoso, son tódolos comentarios e toda a incertidumbre de si estaban contratadas orquestas, de si non se lles pagou o de outros anos e non viñan, de que o novo grupo de goberno non quere nada do que fixera o anterior e anulou os contratos firmados, penso que todos estes rumores deberían ser aclarados e informar da realidade ós veciños.
Fóra de todo esto, penso que tampouco estiveron tan mal, foron máis familiares. A xente da provincia e outras vilas máis alá da nosa comarca non se deixaron ver como outras veces, pero tampouco grandes actuacións garantizan esto nos tempos que corren. O dito, seguro que os que máis notaron a falta de esa afluencia de xente foron os empresarios da hostelería, pero todo hai que decir, que estes tampouco se mollan moito. Na miña opinión, as festas, para ser grandes deben ser ideadas desde que terminan estas, e por eses mesmos empresarios que son os máximos beneficiados, coa colaboración institucional e poñendo os medios técnicos ó seu alcance do Concello. Para elo a min gustaríame que se fixera o cobro dunha aportación empresarial destes hosteleiros e que a mesma se fixera pública con posteroridade, para logo poder falar e criticar.
Dende este blog, bo fin de verán...en Cea coas mellores orquestas¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario