Visitas

lunes, 2 de diciembre de 2013

¿DEMOCRACIA? Esa ansiada utopía...

Unha pregunta: ¿Cómo se lle chama a unha DEMOCRACIA na que non goberna o pobo?

A día de hoxe este tema xa me leva ocupado moitas horas "libres" do meu tempo...debe facer uns 15 anos, o que no meu caso é media vida, escribín un artículo que probablemente pasara desapercibido no Instituto para a gran maioría no que falaba sobre o tema e máis concreto, sobre un escenario que co tempo vexo é cara o que nos diriximos. Por aquel entonces referíame soamente ó caso do Estado español e as diferentes Nacións que nel habitamos e a súa plasmación político-representativa. Logo xa na Universidade, gracias ós cursos Jean Monnet da Unión Europea, profundicei un pouco máis no caso europeo e máis alá, no sudamericano. 10 anos despois, o que antes vía como un xerme cultural dunha cultura europea, ahora son un cúmulo de intereses sobre todo económicos...

Supoño que algo sumaría a experiencia colleitada, tanto a nivel persoal como ó analizar a realidade, desde o ámbito local ó supranacional. Non nos reximos por unha Democracia representativa, máis ben creo que é unha especie de Democracia Nepótica en lugar dunha Democracia Meritocrática, onde os teóricos tres poderes independentes se confunden dando lugar a un maior nepotismo baseado no caciquismo e amiguismo. Pois ben, ¿cómo lle chamamos? Hai quen a denomina democracia corrupta, e arguméntao, pero a día de hoxe, cando as cousas se suceden tan rápido non facemos nada, non temos formas de canalizar ideas, non temos cultura política para poñer en funcionamento as ferramentas necesarias...non creo que a unha maioría lle interese renunciar a toda esa rede estructurada desde o máis alto...


Apelo unha vez máis á GOBERNANZA, fermoso concepto fundamentado en piares non menos fermosos: Democracia directa, meritocracia, colaboracionismo, asociacionismo...a unión e opinión desde o máis abaixo cara arriba.

Voltando ó ámbito local, todo esto se reproduce; moitos anos nos que según quen goberne póñense ou quítanse peóns, non se optimizan os servizos ó pobo. Á vista dos meus ollos, incluso os representantes según o seu interese dan a espalda ós seus representados incumplindo en moitos casos as súas propias normas, non sendo transparentes en absoluto. Nunha vila como O Carballiño, onde todos nos coñecemos non se pode ser tan hipócrita.


Todo esto da lugar á confrontación, a unha loita "barriobajera" que é o exemplo que se lle da ós que veñen detrás cara un futuro incerto. En lugar de promover a Gobernanza, quen nos goberna promoven a venta da democracia. Para min o último exemplo os actos do pasado fin de semana sobre un tema tan importante como a violencia de xénero; os dous partidos que nos representan non foron capaces de promover un acto único, vergoñento e como eso moitos máis exemplos como o da imaxen que vos pego a continuación: 


Confrontación e máis confrontación, ese non creo que sexa o mellor camiño para avanzar como Vila, como Nación, como Estado, nin como Unión Europea...alá eles, como cidadán véxome obrigado a participar e escoller entre as alternativas que se me ofrecen, pero así mesmo, reclamo o meu dereito de esixirlle ós representantes, a todos, ós que eleximos todos, que cumpran o seu cometido, cunhas formas e cunha eficacia. O que incumpla esas normas non escritas que teña a honradez de coller os bártulos e adicarse ó privado e lugar de ó público.


No hay comentarios:

Publicar un comentario