Redacto esta nova entrada tras descubrir as inmensas posibilidades dunha entidade, desde o meu punto de vista moi descoñecida pola inmensa maioría dos carballiñeses, o Casino Cultural e Recreativo da vila.
A entidade en sí constituiuse alá polo 1964, e dende entón levou a cabo actividades culturais e sociais de relevancia na vila, pero perdendo forza eu penso a partires da metade dos 90. O ano pasado unha nova directiva colleu as rendas da entidade, non sin moitas trabas, tra-lo apoio da maioría dos socios; este grupo de rapaces e rapazas tentan reactivar desde entonces a actividade diaria da entidade, coa firme convicción de devolverlle a presencia social que en tempos disfrutaron moitos carballiñeses. Todo esto pasa pola aplicación de unha forma diferente de dirixir o Casino, facendo partícipes ós vellos e novos socios das inquedanzas da vila, das ideas que emanan dos seus cidadáns, das inquietudes dos mesmos e do disfrute que todos eles queiran sacar das instalacións da entidade.
Esta semana uninme a este grupo de xente nova coa esperanza de aportar un pouco de todo eso, traballo, ideas, inquedanzas,...
Nos próximos días, neste espacio, enséñovos as instalacións, o que se ve na web do Casino á que podedes acceder pinchando no seguinte enlace (casinocarballino.com), e o que non se ve, pero está á espera duns arreglos e do seu disfrute por parte de tódolos socios e socias. O da web...
Fachada
Cafetería
Hall
Salón de actos
Sala de billar
Sala de squash
Sala de baile
Adiante compañeiro, tès a sorte e a oportunidade dende ese espazo de inquedanzas e liberdade que è o actual Casino, de levar a cabo iniciativas dinamizadoras, atraintes, vangardistas, progresistas, innovadoras, e como non, ca inestimable axuda e colaboraciòn da sua xunta directiva, xente comprometida e concienciada.
ResponderEliminarCon gañas, ilusiòn e traballo, e unhas doses de talento (caracteristicas que tès ti e a directiva), cùmprense os obxetivos e algún soño...
E xa coñeces unha das miñas frases de cabeceira:
"o mundo no no vas dar cambiado, pero nunca deixes de intentalo"