Visitas

lunes, 3 de octubre de 2011

Sin noticias da Vera-Cruz

Aínda que non o pareza, xa estamos en outubro, ás portas do outono, e con temperaturas de xuño. A verdade é que está un tempo moi bo para acometer obras ó aire libre, sempre protexidos nas horas punta de calor. 

Pois ben, na nosa benquerida Veracruz da igual que faga sol, chova ou neve, porque en 10 meses do que vai deste 2011, apenas se acometeron obras e todo segue igual. Eu pregúntome onde está ahora a plataforma que tanto reivindicou un cambio no proxecto inicial e que ahora non pida a continuación das obras, ou polo menos o adecentamento do feito para o seu uso público, aínda cun presuposto mínimo. Tal como están as cousas desde o meu punto de vista penso que asfaltando o tramo de carretera, derribando o conflictivo muro pola metade e facendo un terraplén coma ten na parte vella e votando herba en todo o que reste de solar a cousa xa tería outra cara.

Sabemos que non son tempos de tira-la casa pola ventana, pero tampouco creo que o pobo e o monumento máis significativo do mesmo se merezan tal situación. 
Dende este espacio pido ós responsables e representantes políticos unha pronta actuación para aliviar o dano que provoca mirar para a Veracruz e vela de tal xeito, enxaulada en vallas e nun terreo hermo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario