No Carballiño temos un novo muro cheo de polémica. Non se trata de ningún muro que divida un barrio doutro, nin unha etnia doutra...simplemente, de momento, é un muro de formigón que, eu persoalmente e seguramente que o 90% da xente que opina a cerca do mencionado, non sabe cómo vai quedar ó final...
Cada un faráse unha idea, e según de que cor sea, pareceralle bo ou malo...
O certo é que seguramente si Palacios levantase a cabeza daría a súa opinión sen máis, mencionaría que no seu proxecto tiña en mente outra idea, idea á que ningún medio se referiu, nin ningún arquitecto, nin ningún técnico de Patrimonio que eu sepa, porque de pasárselle pola cabeza...¿non quedaría ben?
Xa non digo levar a cabo o edificio anexo que el proxectara, pero sí algo similar a modo de claustro, que proporcionase continuidade á igrexa e, por suposto, no mesmo estilo que o xardín do outro lado, nada de andar inventando a pólvora...é a miña opinión. E ademáis, ampliando esa idea e para salvar a altura e o desnivel do terreo, por suposto que habilitaría o subsolo, pero non para parking, senón para oficinas para servicios sociais e para a comunidade, enténdase asociacións e demáis que proporcione o Concello.
A cousa é que tras anos vendo unhas herbas mal cortadas, ahora que se deciden a facer algo, vai e non nos gusta...non é por estar en contra, pero ¿levouse a cabo un concurso de ideas?¿cales son os principios urbanísticos da obra? desto nadie informou ó pobo, e o pobo no salón de actos non cellemos, nin podemos ir a unha hora concreta informarnos cómo vai quedar e interpretar os planos...certo é que a información para unha obra de tal importancia foi escasa desde a perspectiva do cidadán de a pe.
Así e todo, supoño que teremos que esperar ó remate da obra para opinar con seriedade, á espera de que o formigón á vista na actualidade, se convirta en algo máis vistoso...
No hay comentarios:
Publicar un comentario