Visitas

jueves, 27 de mayo de 2010

¿Qué falamos en Carballiño? e ¿Qué queremos falar?

Estas preguntas xurden do outro Blog que levo, o da Escola de Fútbol Arenteiro, onde un blogueiro expuña que non entendía cómo non o escribía en galego e comparaba o mesmo con outras páxinas similares de Cataluña e outras galegas como a do Allariz. 

No mesmo lle contestaba e expuña os meus motivos, xa que o Blog, ademáis de facer un seeguemento dos nosos equipos de fútbol, tamén é un medio para darnos a coñecer no exterior, e cando digo exterior refírome a outras zonas da Península onde non se fale galego, ou outras zonas, fóra da Península onde o idioma de expresión sexa o castelán, como por exemplo Sudamérica. Lóxicamente, a día de hoxe a repercusión non é nin creo que sea tan internacional, pero ese é o obxectivo, que os que nos queiran coñecer o fagan co menor número de trabas, así pois, outro blogueiro escribiu desde Valencia, outro de Estados Unidos, etc.

Este outro blog que estás a leer fágoo en galego pola razón de que o ámbito ó que espero chegar é máis local, polo que o número de lectores, sendo obxectivos, é galego, non é un blog de promoción turística no que queira dar a coñecer O Carballiño, senón que o que pretendo é ser un medio de comunicación das necesidades, queixas ou suxestións que na nosa vida cotián poden darse na vila. Non é coñecido, nin moi visitado, pero quen sabe nun futuro...

As pregunta que lanzo ó aire son as do título, ¿Qué falamos en Carballiño? e ¿Qué queremos falar?. 

Persoalmente en Carballiño penso que falamos galego unha ampla maioría, si ben é certo, que os que veñen por detrás falan básicamente en castelán...¿malo?¿bo?, non son quen para afirmar unha ou outra cousa, pero na miña opinión, coñecer e falar diferentes idiomas é signo de riqueza cultural e canto máis rica sexa a cultura na que vivimos, mellores personas seremos capaces de adaptarnos, asimilar e comprender outras alternativas diferentes. Canto máis admiremos as diferencias culturais, máis consideraremos necesario mantelas, coidalas, fomentalas e en definitiva, practicalas. Eso sí, unha vez coñecidas, é cada persoa libre de valoralas para ben ou para mal, de utilizalas ou non, de defendelas ou non, esa libertade que temos para coñecelas, é a mesma que outros teñen a non as querer utilizar...
Ponlle outra que quedei ca boca seca¡¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario