Visitas

lunes, 13 de septiembre de 2010

De aquí e acolá

Boa conferencia a do venres no Casino, dende este Blog, darlle a noraboa ós organizadores e as gracias ó convidado, Don Xosé Manuel Beiras o cal, para min é sempre un pracer podelo escoitar.

A charla durou desde as 20:30h ata as 22:00h e foi toda unha lección a grandes rasgos da nosa historia económica, da crise actual, da súa orixe máis alá no tempo antes de que todos manexáramos o concepto de hipotecas basura ou "subprime", da súa evolución e deixou entrever posibles camiños polos que discurrirá segundo o que fagamos todos nós...

Realidades das que a maioría somos escasos coñecedores, salvo polo que nos contan nos telediarios ou podemos extraer dos periódicos, pero que difícilmente somos capaces de razonar de forma conxunta, interrelacionádoas e expoñéndoas de forma tan clara como o señor Beiras.

Entre toda esa exposición tuvo tempo para recordar a súa "simpatía" por outros políticos coetáneos como son Fraga, Aznar , Zapatero ou Rajoy, con un toque que o caracteriza cos que uns estarán dacordo e outros non.

As ideas que alí eu puden extraer, as cales algunhas xa manexaba son as seguintes:

- A crise que estamos a vivir é Mundial pola cadicidade dun sistema económico que non dá máis de si. Este sistema xa non responde nin ás necesidades dos países, nin ás necesidades das persoas e mooito menos á conciencia colectiva da humanidade.

- Os efectos que estamos a vivir son fruto das recetas que, catarro tras catarro, recibe este paciente chamado sistema de mercados financieiros. Esas mediciñas aplicadas por diferentes gobernantes que derixían as nacións hexemónicas xa non sonaplicables e cada vez provocan menos efectos curativos, polo que, para curar definitivamente a enfermidade debemos acabar co virus, coa especulación libre dos mercados...

- A perda de confianza na clase política, desde o meu punto de vista, é o último estadio na perda de valores xeral que as sociedades do 1º Mundo estamos a vivir. Só si reestablecemos a nosa moralidade individual e social seremos capaces de renacer unha movilización cívica colectiva capaz de cambiar a estructura imposta.

- Debemos ser capaces de mirar máis alá do que coñecemos e ser capaces de imaxinar algo diferente que se adapte ó que necesitamos, e neste senso Beiras pon como exemplo a revolución que se está a producir en Sudamérica en países como Ecuador, Bolivia ou Venezuela, compartindo máis ou menos as formas, pero vendo o fondo da transformación.

A groso modo, e aínda que pareza catastrofista, o dibuxo que deixou na miña mente creo que se pode transformar, creo que debemos ser realistas e conscientes cada un da responsabilidade que nos corresponde, e tentar volver conectar desde a base as necesidades e a realidade social con aqueles que nos representan, e romper calquer nexo con terceiros axentes -económicos, políticos, etc.- que interfiran no binomio dirixentes-sociedade.

1 comentario:

  1. Felicidades á nova directiva do Casino¡¡¡ esperemos se manteña o nivel...

    ResponderEliminar