No día de hoxe veremos en diferentes medios informativos que debemos mellorar a nosa competitividade, pero ¿qué é a competitividade?¿é o mesmo que productividade?, ¿para qué nos din que temos que mellorala e cal é a razón de que sexa mala?.
Estas son as preguntas que alguén da calle coma min nos podemos facer, aínda que despois de cabilar un pouco no asunto volvamos ás nosas tarefas diarias, quen as teña, ou nos poñamos a facer outra cousa. Para aqueles que teñan algún interese, tratarei de sintetizar nuns párrafos algunhas ideas relacionadas.
Conceptualmente, a competitividade fai referencia á capacidade de un ente, persoa, empresa, país, que ten para producir algo de forma eficiente, trátase de producir o mellor producto ó coste máis baixo. Polo tanto, competitividade non é o mesmo que productividade, aínda que se relacionan, pois para lograr ser competitivos debemos ser productivos, debemos producir o maior número de productos co menor volumen de recursos. Esta productividade está marcada polas características do capital físico -tecnoloxía- e o capital humano -formación dos traballadores- dos mercados.
Pois ben, de todos é sabido aquelo que se di de que España vai uns anos atrás que países do noso entorno ou países do noso nivel económico, recordar que somos a novena potencia económica. Ahora é Alemania a que condiciona determinados acordos económicos da Eurozona a que melloremos, non so España, senón que todos, este rasgo das nosas economías. Mencionar varios datos en canto ó ranking que ocupamos nun estudio de 139 economías mundiais:
- Inestabilidade e endeudamento (121º)
- Eficiencia laboral (115º)
- Ineficiencia do gasto público (101º)
- Calidade da educación primaria (93º)
- Entorno macroeconómico (66º)
- Educación superior (31º)
- Dotación tecnolóxica (30º)
- Infraestructuras (14º)
Destos datos e do informe en sí ó que mencionarán os medios extráese que España frena a súa recuperación económica por unhas claras dificultades frente outras economías entre as que destacan a liberde e a relación esforzo-recompensa nos salarios, os cales son modificados artificialemente polos convenios, así como un despido máis flexible, como o marco de contratación. A rixidez do actual sistema choca de fronte coas necesidedes do propio conglomerado productivo do país, non so dos empresarios, é decir, para a economía xeral é mellor que os asalariados gañen un pouco menos pero sen ter tanto paro, é decir, salarios máis baixos pero máis traballadores en activo. Dentro da Eurzona ocupamos o posto 16º en canto a competitividade por detrás de economías como a polaca ou a chipriota.
Este lastre deriva á súa vez dos chamados logros sociais acadados nos últimos 30 anos, os cales, aínda que sone demasiado liberal, non foron ben entendidos ou entendidos de máis según o caso. O acomodamento dos asalariados, non todos, pero si moitos, crendo que todo iba ser de cor de rosas e a inoperancia dos nosos políticos en momentos importantísimos para posibilitar cambios no modelo productivo provocaron a actual situación que vivimos. A nosa economía non produce bens atractivos e de valor que ofertar ó exterior, e por eso estamos destinados a perder peso no escenario económico mundial. Certo é que ocupamos o posto 14º en infraestructuras, co que temos un atractivo mercado interior, pero non manufacturamos productos de valor. Ata ahora prducimos ladrillos principalmente, pero os beneficios obtidos non foron destinados a fomentar un tecido industrial diferente que creara valor e un mercado laboral para o capital humano que se creou, o cal ahora engrosa as listas do paro...por contra, únicamente melloras as infraestructuras, algo importante, pero non suficiente.
Temos que afrontar importantes cambios xa, sen descuidar o que ben detrás, pois nestes estudios vemos que a educación primaria está a empeorar, co que as xeracións futuras non estarán tan ben preparadas como as actuais, co que seguiremos a perder valor nas nosas manufacturas pola relación capital humán-capital físico-productividade.
Os indicadores son claros, as solucións non gustarán á maioría, pero débense facer e canto antes mellor, o momento de hipotecarse se hai que facelo é cando se é novo, cando unha economía é nova e ten capacidades para o traballo, como a nosa, non cando sexa vella, ou sexa tarde, cando outras economías, aínda hoxe en pañales, maduren e nos superen...
No hay comentarios:
Publicar un comentario