Visitas

miércoles, 6 de abril de 2011

De ratas e ratos...

http://www.laregion.es/noticia/149357/presencia/ratas/inquieta/hosteleros/calle/calexon/

Bos días a tod@s, as ratas acósannos seica¡¡¡¡, non é moi agradable toma-lo café de media mañá e leer que estes roedores nos invaden e moito menos, lendo a letra pequena, que nos rodean.

É moi fácil, sempre que hai un problema, ter a quen lle "otorgar" a culpabilidade do mesmo, sobre todo cando quen nombra ó culpable ou sospeitoso, ocupa un cargo superior ou de responsabilidade e que directamente está relacionado co problema o cal quere escurrir.

Neste caso, as ratas invaden o Calexón da Mina e a Rúa Perfectino Vieitez e seica a culpa é dos hosteleiros da zona por tirar desperdicios que non deben ós sumidoiros. "Balóns fóra" dirían en Espiñedo ou peito, rodilla e monte...A realidade é distinta desde o punto de vista de quen vive nestas rúas, e esta realidade, según estes mesmos veciños é a de que eles pagan os seus impostos como calquer veciño, pero non reciben o servicio que deberían; concretamente, no Calexón da Mina, sistemáticamente se atascan as tuberías que conectan os locales cos sumidoiros ou os propios sumidoiros pola tipoloxía da rúa e as reformas ás que se someteu hai anos. O caso é que tanto as tuberías que enlazan os locais, case sen pendente, como os sumidoiros, non son os apropiados para as necesidades dos baixos e sótanos, e sería necesario, según os técnicos de Aquagest, levar a cabo obras para rediseñar os mesmos e evitar as continuas inundacións dos baixos e os incovintes para hosteleiros e veciños.

Desde este Blog polo tanto, recriminar ó Concelleiro de Medio Ambiente as desafortunadas declaracións ó respecto, culpabilizando, senón da totalidade do problema, en parte, ós hosteleiros e veciños, cando o verdadeiro problema radica na infraestructura de alcantarillado desa rúa, repito, según os técnicos de Aquagest. Invítoo tamén a que comprobe as instancias presentadas no Concello ó respecto, a última fai unha semana por un veciño que sufre as inundacións e anteriormente en febreiro de 2010, ás cales non lle foron contestadas como é típico no Concello, nin resoltas de maneira algunha...

Ratas hainas non só nas alcantarillas...e algunhas xogan ó fútbol, "peito, rodilla e monte"...

No hay comentarios:

Publicar un comentario