A continuación vos copio o que podería ser un programa electoral de calquera dos partidos nestas próximas eleccións municipais; nel están recollidas algunhas das necesidades que saen á luz de cando en cando e outras de colleita propia...añadide as que cada un crea oportunas...e opinade sobre as mesmas. Lóxicamente non se trata dun programa real, canto máis nos tempos de crise e escasos recursos económicos, así como nas posibilidades técnicas de cada idea, pero si podería valer para establecer unhas preferencias e marcar unhas liñas de actuación a medio prazo co compromiso de tódolos partidos e a colaboración de tódalas administracións en determinados ámbitos...
O CARBALLIÑO 2011
¡¡AGORA MÁIS QUE NUNCA!!
PROXECTOS:
- Remate do Centro Etnográfico do Arenteiro (Antiga Fábrica de Papel).
- Rehabilitación do Parque Municipal: rúas, camiños, carril bici…
- Teatro ó aire libre onde a fonte do parque, simulando un teatro romano.
- Novo Centro Sanitario do Carballiño: Reforma e ampliación do antigo con melloras no aparcamento.
- Complexo deportivo das Barcias: Piscina cuberta e canchas de tenis.
- Paseo fluvial do Carrás dende o Ambulatorio ata o antigo matadoiro.
- Instituto Termal de Galicia no edificio da Biblioteca.
- Adaptación do C.P. Calvo Sotelo na nova Biblioteca Municipal, Casa da Xuventude e Galescola pública, quedando como colexio de primaria o do Campo da Feira.
- Ampliación do Parque Empresarial de forma conxunta co Concello de Maside.
- Rehabilitación do Antigo Matadoiro como base da Protección Civil.
EMPREGO:
- Subvencións para as empresas de nova creación e novos emprendedores.
- Potenciación dos plans estatais e europeos de industrialización e dinamización turística.
- Escola Taller Urbana (ETU) e Escola Taller Rural (ETR).
- Cursos Formativos e de Orientación para o entorno local.
- Colaboración coa Universidade de Vigo para a implantación de cursos ó longo do ano e ampliación da formación para os diferentes empregos maioritarios na vila.
MEDIO AMBIENTE:
- Contenedores subterráneos no núcleo urbán: Praza da Mina, Avda. Xulio Rguez. Soto, Igrexa Vella,…
- Novo paseo fluvial do Carrás.
- Repoboación do Parque Municipal con especies autóctonas.
- Implantación de sistemas para o aforro no alumeado público.
- Acondicionamento dos viais do parque e carril-bici.
URBANISMO:
- Abrir novos viais que favorezan o tráfico no centro e o desenvolvemento de novos polígonos para a construcción: Avda. do Balneario é entrada do parque, do Carrás ó ambulatorio, do Carrás á carretera de mesego, continuación Correos,...
- Vivendas de Protección para a xente nova e xente mayor de xestión local en Flores.
- Rehabilitación do Barrio de Flores para a actividade comercial e social con Plans da Xunta de Galicia e estatais, así como europeos.
- Humanización das rúas empedradas con máis zonas verdes e peatonalización de novas: Venezuela hasta o Balneario, Cerca e tras Veracruz, Gómez Román,…
- Potenciación da iniciativa privada na rehabilitación de vivendas abandonadas no rural para o turismo rural.
- Reforma da Praza da Veracruz según o plano de Antonio Palacios.
- Ampliación do Cementerio de Señorín.
SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS:
- Xestionar a creación do novo centro sanitario ou reforma do actual.
- Adaptación da Residencia do Tempo Libre como Residencia da 3ª Edade e Centro de Día para os maiores.
- Programas para a 3ª Idade, Xuventude e Muller: Viaxes, cursos, formación, voluntariado.
EDUCACIÓN E CULTURA:
- Nova Biblioteca e Casa da Xuventude no C.P. Calvo Sotelo.
- Acondicionamento externo do Multifuncional.
- Fomento do asociacionismo xuvenil e cultural.
- Habilitación na actual Estación de Autobuses dun espacio para as asociacións culturais do pobo.
- Construcción do Teatro ó aire libre no fondo do parque.
- Potenciación dos certames de Teatro e Cine na vila.
- Creación dun Festival de Música para Grupos Emergentes.
MEDIO RURAL:
- Creación da Oficina do Medio Rural co fin de xestionar accións a desenvolver, arrendamento de terras, limpeza de montes, parcelaria voluntaria, etc.
- Axudas ás Asociacións veciñais.
- Dotación de medios modernos de comunicación no rural, Internet nos centros sociais, etc.
INDUSTRIA:
- Axudas para a compra de solo industrial.
- Xestión da ampliación do actual parque empresarial da man do Concello de Maside buscando as sinerxias de ambos e unha maior forza institucional.
TERMALISMO:
- Adaptación da Casa da Cultura en Instituto Termal de Galicia.
- Xestionar e promover a construcción e remodelación do Gran Balneario ós novos tempos.
- Oferta conxunta do Balneario das Caldas e o do Carballiño.
COMERCIO:
- Ampliación da área comercial á zona de Flores promovendo o asentamento de tendas de marcas internacionais a modo de outlet.
- Axudas para que as campañas comerciais se promovan máis aló da nosa vila.
- Creación da Feira Anual de Productos do Orcellón e productos con denominación de orixe galega (FAPO).
TURISMO:
- Oferta turística anual de actividades para tódalas edades.
- Promove-la Festa do Polbo como acontecemento de reseña internacional.
- Festas do Setembro: Actuación de renome no ámbito nacional.
- Festa do Emigrante adicando cada ano a festa a un país receptor.
- Festival de Música Emerxente Galega (FMEG)
- Remate do Museo do Papel.
- Creación do Museo das Pulperías en Arcos co apoio privado.
- Utilización da Residencia do Tempo Libre para eventos e Congresos potenciando o turismo deste tipo.
- Guía municipal de oferta turística.
DEPORTE:
- Adaptación do Complexo de Pena Cobertoira para actividades de tiro, campo de entrenamento, competicións, etc.
- Remodelación do Campo de Fútbol de Espiñedo: Vestiarios, sala médica.
- Remodelación do Campo de Fútbol da Uceira de herba sintética con novas instalacións: Sala de video, sala de máquinas, enfermería, cafetería acristalada, nova grada.
- Remodelación do Paco Chao e anexo así como a construcción dun aparcamento en condicións.
- Creación nas Barcias da Piscina Municipal Cuberta e Ximnasio Municipal, así como novas pistas de tenis e pádel.
- Cursos de movilidade para os mayores e cursos anuais de novas técnicas deportivas de relajxación, mantemento, etc.
3ª EDADE:
- A Residencia do Tempo Libre como Residencia para personas con menos recursos.
- Cursos de integración social e trato de novas tecnologías.
- Cursos de ximnasia e movilidade.
- Favorece-lo retorno daqueles emigrados con menos recursos alí onde se atopen.
- Centro de Día e Centro de Acollida de Mulleres e Xóvenes na Residencia do Tempo Libre.
EMIGRACIÓN:
- Creación da Oficina Virtual de Emigración (OVE), para xestionar aqueles problemas e dúbidas dos emigrados con aqueles asuntos relacionados co Concello.
- Fomenta-lo intercambio cultural das novas xeracións de aquí coas xeracións dos emigrados que non coñecen as súas raíces.
- Promove-la Festa do Emigrado nalgún mes do verán adicándose cada ano a un país receptor.
TRÁFICO URBÁN E TRANSPORTES:
- Estudio da mellora do tráfico no núcleo urbán coa apertura de novos viais.
- Reforma da Antiga carretera de Rivadavia á altura do Cementerio para mellorar a zona de aparcamento e as curvas peligrosas na mesma cunha rotonda.
- Centralización dos transportes na Estación Intermodal de Tren e Autobuses. (EITA)
- Reordenación dos aparcamentos así como do tempo limitado do mesmo.
- Máis presencia da Policía Local naqueles puntos máis conflictivos.
- Regulación dos espacios de carga e descarga, así como dos seus horarios e control con cámaras do tempo de carga e descarga e entrada e saída desde as instalacións da Policía Municipal.
- Promover o transporte interurbano con Ourense cun bus circular coas vilas do noso entorno: Cea, Maside, Leiro, Rivadavia,…
RRHH:
- Control e redistribución do persoal do Concello para optimizar aquelas áreas potenciais na obtención de recursos económicos.
- Control das horas efectivas de traballo mediante tarxetas electrónicas para fichar ó entrar e sair do Concello controlado elo por cámaras na entrada do mesmo.
RELACIÓNS INFRA E SUPRA MUNICIPAIS:
- Creación da Oficina do Cidadán (OdC): Queixas, consultas, ideas, etc.
- Departamento de relacións institucionais: Xestión de subvencións, programas autonómicos e estatais, relacións coas AAVV, coas Comunidades de Veciños e Barrios.
- Departamento de Colaboración cos Concellos limítrofes para coordinar servicios e reduci-los costes dos mesmos.
Pégovos unhas fotos aquí abaixo da nosa vila hai anos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario