Visitas

lunes, 25 de abril de 2011

A necesidade de coñecer...

Seguro que moitos de nós somos capaces de recordar as alineacións da final de Copa do Rey do pasado mércores, ou polo menos a do equipo do que sexamos aficionados...pero seguro que non todos podemos deci-lo mesmo dos nomes que integran as listas para as próximas eleccións municipais do 22 de maio...

E esto é un problema eu creo porque sobre quen ostenta o poder de decisión non coñece qué decidir. Podemos minimizar tal cuestión si vamos ó fácil e buscamos recoñecer ós cabezas de lista ou, sendo máis elementais, sabendo identificar cal é a papeleta da nosa cor. Este reduccionismo creo realmente que é perxudicial para a nosa vida diaria, pois como teño expresado noutras entradas deste Blog, a "GOBERNANZA" debe sustentarse na toma das decisións individuais participando desa maneira nas decisións da colectividade. Nestes tempos que corren, onde a información está ó alcance de todos cuns mínimos coñecementos e ferramentas, creo que nos deberíamos esixir ter maior coñecemento e razona-lo máximo posible a decisión final de a quen ou a quen non votamos.

Escapando de calquer inclinación política, hoxe, tal como digo, os individuos temos que ser críticos e incluso, desde o meu punto de vista, deberiamos esixir ós nosos representantes que puxeran ó noso alcance e da maneira máis sinxela as bases de razonamento para a toma de decisións. En calquer ámbito da Administración dirannos que a información está ó noso alcance, pero para chegar a ela aínda existen demasiadas trabas burocráticas. 

O que neste momento se me pasa pola cabeza no eido local son algunhas cousiñas sinxelas que me gustarían conocer para poder analizar e recapacitar sobre o traballo feito por quen goberna e tamén poder comparar con propostas concretas de quen quere gobernar...Como si da casa dun se tratase porque o Concello é eso, a Casa Grande de Tod@s, quixera saber: 
  • ¿Cal é a débeda do Concello?¿A quen se lle debe e canto?
  • ¿Cantos empregados ten o Concello e en que réximen?¿Canto se gasta efectivamente nas diferentes partidas?¿Qué gastos excepcionais se cubren con outras xenéricas?
  • ¿Cantas obras se fixeron por conta de cada Administración na lexislatura?
  • Etc.
Poucas preguntas pero das que non dispoñemos resposta de forma sinxela e comparable; á hora de decidir, fáltame información, datos palpables e comparables que si están ahí pero non temos ó noso fácil alcance, por eso me gustaría que desde a web do Concello se tratase de dar resposta a estas cuestións de maneira sinxela porque creo que é posible e sería moi útil para os cidadáns, canto maior coñecemento, mellor análisis da situación, podendo facernos unha idea de porqué se gasta tanto ou tan pouco nalgunhas cousas e non noutras...
 Esta falta de información e coñecemento tamén a notei cando puxen ante min as listas dos candidatos de cada partido e dos 10 primeiros de cada candidatura non coñezo nin ó 50%. Difícilmente podo decantarme por un equipo de traballo ou outro si non coñezo q quenes o integran polo que tamén me gustaría que, ahora no tan de moda Facebook, ou vía blog...se puxera en coñecemento de todos a imaxen dos integrantes desas listas, co seu curriculum, onde residen, etc...penso que son datos privados, pero que se deben facer públicos pola saúde das eleccións...desde aquí animo ós partidos, ós directores de campaña de cada partido a facelo.

A modo de alineación póñovos os "11" de cada lista sin máis...

PSOE: Paco Fumega, Manolo Dacal, Mª José Pérez, Iolanda Otero, Toni Mateo, Tato, Adolfo Nogueira, Remedios Castro, Mª Rita Francisco, Erika Paz.

PP: Argimiro Marnotes, Martín Nogueira, Pilar Caride, Emilio Carballeda, Purificación Alberte, Jesús Rodríguez, Magín Daparte, Teresa Valiñas, Rodrigo González, Mª Elena González.

BNG: Áurea de Fº, Bernardo García, Mª Purificación, Diego González, María Jorge, Elisabeth Rodríguez,...

Mirade este artigo se tendes tempo...http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/04/24/0003_201104O24C12992.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario