Visitas

lunes, 23 de mayo de 2011

Cambio de Goberno Local

Donas e cabaleiros...acábase de producir un xiro na política do Carballiño¡¡¡

20 anos despois, o Psoe deixa o poder local que pasa a mans do Partido Popular na figura de Arximiro Marnotes. O resultado das urnas foi claro e supuxo un forte golpe para a esquerda nacionalista sobre todo que perdeu 1604 votos. Os datos e a análise dos mesmos son os seguintes:

En términos xerais, sobre un censo de 11.491 electores, 3.203, un 27,87%, non acudiu a votar, 165 votos foron nulos e 207 en blanco. Os 7.916 votos restantes repartíronse da seguinte maneira: PP=3.988 (49,1%), PSOE=3.200 (39,39%) e BNG=728 (8,96%), o que significa un reparto de 9, 7 e 1 concelleiros respectivamente. Os datos comparativos co ano 2007 foron:

Total votos partidos 2007: 8.632
Total votos partidos 2011: 7.916

                            2007:          2011:      Diferencia:
PP...............    2.486    -    3.988         +1.502                                                        
PSOE.........    3.814      -    3.200            - 614
BNG...........    2.332     -        728        - 1.604

Para min as razóns deste cambio son fruto de tres factores: A crispación social e o recelo fronte ó PSOE a nivel estatal pola situación de crise económica, o acomodamento, acompañado de certa prepotencia na última lexislatura por parte do Psoe local e os seus dirixentes e por último e quizais o máis grave, a falta dunha lista competente no BNG que sin manter os mesmos resultados do 2007, non provocasen unha caída tan forte. Como nas eleccións autonómicas, aínda sendo importante a perda de votos do Psoe, o goberno en si do Concello por parte da esquerda o perde o BNG. Os motivos son político-sociais co momento actual e consecuencia do bipartito, que na forza nacionalista sempre causa maiores estragos ante unhas eleccións ó non ter un apoio desde outra Administración como pode ser a estatal ou a autonómica...

Cos datos diante, podemos leer que os votos que perde o Psoe se corresponden prácticamente co descenso de votantes, así como o incremento do PP, coa perda do BNG. A cidadanía decidiu, e non quixo un Goberno de esquerdas, nin maioritario, nin bicéfalo, optou polo partido que foi chamado polos galegos para sacarnos da crise -algo que non se palpa a nivel autonómico- e, posiblemente, polo partido que collerá as rendas a nivel nacional de aquí a un ano. Si así pensou o pobo, así debe ser respetado e tido en conta por uns e outros. Desde a miña opinión, oxalá todos, desde a posición que ocupan, arrimen o ombreiro para mellorar a situación do Concello.

Os Concelleiros do Carballiño para os próximos catro anos son: (tómome a licencia de plantexar a hipótese das posibles concellalías, polo currículum de cada un/unha):
  1. Arximiro Marnotes (Alcalde): Industria, Comercio e Turismo
  2. Martín Nogueira: Sanidade
  3. Pilar Caride: Servicios Sociais
  4. Emilio Carballeda: Facenda
  5. Purificación Alberte: Educación e Cultura
  6. Jesús Rodríguez: Obras
  7. Magín Daparte: Urbanismo e Medio Ambiente
  8. Teresa Cerdeira: Persoal e Seguridade
  9. Rodrigo González: Deportes e Medio Rural
  10. Paco Fumega 
  11. Manolo Dacal
  12. Mª José Pérez
  13. Iolanda Otero
  14. Toni Mateo
  15. Víctor Tato
  16. Adolfo Nogueira
  17. Áurea Francisco
Sorte a todos nas labores a desempeñar -de goberno ou oposición-, instando desde aquí a tod@s eles a defender os intereses de tódolos carballiñeses ante quen faga falla, poñendo sempre a cara polos veciños, sexan da cor que sexan, sin esperar un futuro voto a cambio, e sí o orgullo persoal de axudalos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario