Chegou o día, hoxe toca cita coas urnas. Nestes días que se fala tanto de Democracia, de cambiar o sistema, etc, o certo é que tal cousa non se fai dun día para outro. As xuntanzas esporádicas-ó principio- que se están a dar nas principais cidades do país, non se poden obviar, deben ser un toque de atención para toda a clase política e efectivamente se deben levar a cabo accións na dirección das demandas do pobo, de eso non me cabe dúbida algunha; ¿cales? eso é tema de discusión dos políticos, pero si cando se puxo fin á dictadura foron capaces de chegar a acordos tódalas ideoloxías, agora, os actuais políticos, digamos que de segunda xeración, deben levar a cabo o perfeccionamento da nosa democracia e sentar, porqué non, as bases dunha "neodemocracia", evolución que irá encamiñada á redistribución global dos recursos dunha maneira sustentable. Todo cambio global xurdiu dun cambio localizado, Revolución francesa en Francia, Revolución Industrial en Inglaterra...¿por qué non unha Revolución Social? unha revolución que sente as prioridades humanas por encima dos intereses económicos...esto como digo non se fai dun día para outro, pero fronte ás revolucións aludidas, nas que se diron fortes enfrentamentos para conseguilas, por qué non facer esta de forma pacífica, en lugar de facela desde abaixo, por qué non facela desde arriba, desde o poder político...
Sempre fun bastante utópico nos meus desexos políticos, pero aquel político que non soñe con utopías, nunca será un bo político...
En canto ás eleccións municipais, collendo os datos dos visitantes do Blog e como referencia os votantes do 2007, os hipotéticos resultados serían os seguintes:
PSOE: 2331 votos, 5 concelleiros.
PP: 2849 votos, 7 concelleiros.
BNG: 2244 votos, 5 concelleiros.
En branco: 1035 votos (dato que se pode entender tamén como abstencións).
Como dixen, esto é un hipotético caso, e desde o meu punto de vista, pouco probable, pero nesto da política, coma no fútbol, nunca se sabe, e menos nestes tempos revoltos...mañá a esta hora saberémolo¡¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario