Visitas

lunes, 16 de mayo de 2011

Repaso dos programas electorais

Como comentaba na anterior entrada, dispóñome a repasar os diferentes programas electorais para facerme unha idea do que nos ofrecen, do que vamos a ver que faga cada un si gaña nas eleccións, ou polo menos do que van intentar, porque todos sabemos aquelo de que "puedo prometer y prometo", pero logo xa verei si se pode facer...

A orde a seguir respóndese co actual número de concelleiros por partido, polo que será Psoe, PP e BNG. (Entre parénteses podedes ver o programa de cada partido, ofrecido pola web da COPE). Hoxe veremos o do Psoe...

PSOE: (Programa). O PSOE divide o seu programa en 7 áreas: Xestión Municipal, Economía, Urbanismo, Transporte e Infraestructuras, Servicios Sociais, Educación e Cultura, Medio Ambiente e Novos proxectos. Así de primeiras fáltanme referencias ó rural e á emigración e inmigración...
  1. Xestión Municipal: Neste punto promoven o rigor, a igualdade, a austeridade, unha maior transparencia e unha maior participación cidadá, algo irrenunciable por parte de calquera proposta. Gústame o de optimización dos RRHH e a creación da Oficina de Atención ó Cidadán, si eso leva consigo recolocar a moitos dos traballadores que "chupan do bote" e os poñen a traballar, e si a atención ó cidadán é áxil e dá respostas, (eu, personalmente, aínda teño escritos de meses sin contestar). Paréceme ben o da Comisión informativa de seguimento de todos estes asuntos que presenten os cidadáns, sean do color que sean, así como a Oficina de Control Orzamentario. O acceso a través da internet e a intención de acercamento a través dela do cidadán tamén me parece interesante si hai fondos para acometer esas tecnoloxías. Prioritario, poñer a traballar os empregados do Concello ó 100%, secundario, axilizar estes trámites, 1º eficiencia, 2º, comodidade.
  2. Economía: Neste ámbito diferéncianse varias áreas: Emprego, Sector primario, Industria, Comercio e Turismo. En canto ó emprego advirto duplicidades entre a intención do Concello e o traballo que xa deben facer os do INEM e outros organismos públicos que teñen máis medios (IGAPE, por exemplo), polo que máis que invertir recursos, crear axencias de desenvolvemento económico, centro de iniciativas, rede local de emprego, vería con bos ollos facilitar as xestións dos cidadáns e centralizalas nunha oficina local para a súa xestión coas outras entidades públicas, para axilizar trámites e aconsellar ós veciños e evitar continuos viaxes a Ourense ou onde radiquen estes organismos. Os beneficios fiscais, non os tocaría, xa que os recursos son necesarios para manter outros servicios. No sector sector primario fálase de bonificacións agrarias que se deberían especificar e a creación dunha oficina de consumo, organismo duplicado, o que se debería é centralizar como dixen anteriormente ese servicio xa ofertado. En canto á industria, preténdese máis sólo industrial, cando aínda hai parcelas valeiras, un fondo municipal para a xestión de microcréditos, cando o Concello é quen primeiro debe solicitar créditos para afrontar os seus pagos. Tamén se fala de convertir o Centro Comarcal, en sede para os empresarios do Carballiño, algo alonxado de onde teñen a súa casa estes. Para o Comercio, simplifícanse os trámites administrativos, supoñon que contratarán outra secretaria do Concello para que as baixas e vacacións da oficial non afecten ós cidadáns; o abastecemento do Concello tamén o farán os comerciantes locais, sempre e cando se lles abone o que se lle debe, así como o compromiso de pago en 45 días, algo que teño entendido, xa está regulado por lei. O do WIFI paréceme ben, amplialo ás prazas máis céntricas é un atractivo para sentarse nelas. No Turismo, faime gracia o da marca Carballiño-Calidade, non sei onde oín algo parecido eu..., polo resto, o das feiras temáticas para a promoción económica e cultural, xa o coñecemos (Feira de Abril, da cerveza,...), o que non coñecemos son as que resaltan os nosos productos e o noso patrimonio, a non ser que consideremos como tales as do 16 e final de mes. A creación dunha empresa de promoción turística sóname a máis enchufismo...non sei se haberá cartos para tantas novas oficinas...nin sitio¡¡¡
  3. Urbanismo, Transporte e Infraestructuras: Adaptación do PXOM, unha vez máis aparece no programa electoral...non sei xa cantos anos levamos con esto, pero parece o conto de nunca acabar...e veña pagar para que o acaben...A rehabilitación de Flores tamén me gusta, pero que vaia acompañado co impulso comercial acorde...que non se rehabilite para que non caia, senón para que sexa un valor turístico e visual...En canto á eliminación de barreiras arquitectónicas, esto xa está regulado por lei desde fai algúns anos, polo que se aínda non se eliminaron algo falla. 
  4. Igualdade e benestar: Divídese en: Maiores, discapacitados, muller, xuventude e deporte. Para os maiores melloraranse os equipamentos actuais, pero coa colaboración doutras administracións e crearase un carnet para acceder con ventaxas ós servicios municipais...(a saber ás ventaxas). Para os discapacitados, máis prazas de aparcamento e na "casa das asociacións", (que eu non sei onde está), un local de traballo...Para a muller, crearase o Consello municipal da muller, elaborarase un plan de emprego feminino e ampliaranse as prazas nas escolas infantís...Para a xuventude tamén se fará un carnet como para os maiores, un plan de emprego, (como o da muller, creo que se duplican gastos ó levar a cabo estas accións tamén desde a Consellería de traballo, máis colaboración e interacción sería o ideal) e favorecerase a mobilidade xuvenil a outros países europeos, así como se fomentará o voluntariado cívico e social e crearase un local de ensaio para grupos musicais. (¿No conservatorio de música non hai sitio para este espacio, ou no multifuncional?). En canto ó deporte, fálase de dous campos de herba sintética novos, na Uceira(de F7) e en Espiñedo, algo excesivo na miña opinión para ser realistas, pois con recursos limitados eu apostaría polo de F7, únicamente e completaría as instalacións da Uceira cunha nova grada, unha cafetería, unha sala de máquinase unha enfermería...son as prioridades das instalacións, recordemos que o uso de Espiñedo é privado, non público. O acondicionamento do Paco Chao é esencial, eu no lateral máis que arreglar as pistas de tenis, faría un bo aparcadoiro ben organizado, e faría dúas pistas no lateral contrario ó que están, dándolle máis utilidade ó espacio existente. Gústame a idea de poder dispoñer nos centros educativos do espacio deportivo fóra dos horarios lectivos. En falta o de sempre, que xa estou canso, medios médicos, desfibriladores¡¡¡¡¡
  5. Educación e Cultura: Dotar á Biblioteca municipal de tecnoloxías, (por exemplo, un ascensor digo eu), e crear unha rede municipal de Museos...¿cantos temos?.
  6. Medio Ambiente: Axenda 21...para quen non sepa o que é: Axenda 21 e gústame o do Plan de xestión e actuación do parque, máis que gustar, penso que é urxentísimo, pois parece que se está a quedar nu na metade do mesmo...
  7. Novos Proxectos: Valoro o Plan Integral para Flores nas condicións que xa dixen, a senda peonil do Carrás, creo que se debería ser ambiciosos e o que se debería pretender é crear un vial útil para o desenvolvemento, aínda que sexa polo PXOM antigo, de novas construccións, e o parque de Rapariz, que suporá o cubrimento de parte da vía do tren. O resto, considero "pecata minuta".
Visto o visto, non me parece un Programa ambicioso en xeral, e sí un lavado e cara á xestión realizada na última lexislatura naqueles puntos ns que non se fixeron as cousas ben. Non me parece realista, pois en moitos puntos non ten competencias o Concello, ou non ten recursos suficientes, como no emprego. Polo tanto, nunha valoración do 0 ó 10, onde 0 é o "puedo prometer y prometo, pero veré si lo hago" e o 10, "teño recursos suficientes e fareino con total seguridade", doulle un 5.

No hay comentarios:

Publicar un comentario