Visitas

viernes, 24 de junio de 2011

Adeus ós males...

Pasou a noite de San Xoán e no lume quedan os males do ano pasado; coas almas purificadas tras beber a brevaxe mística bendecida polo Darío e elaborada polo "Ruzo", esperemos que a cada un se nos cumplan os desexos...

A sardiñada foi boa, acompañada por un bo chourizo, pan e un vasiño de viño que facía esquecer o viruxe que se levantaba por momentos...

Logo, antes das doce, levouse a cabo unha pequena procesión coa Santa Compaña, Pepa a Loba, o Home do saco...finalizada diante da fonte de Flores, onde se elaborou a espirituosa queimada.

Ata o ano que ben, esperar que nos acompañen os bos espíritus, e como solicitaba o Tupino e toda a procesión..."POR SAN XOÁN, ENTRA O BEN E SAE O MAL¡¡¡¡"
 Sardiñada
 Terraza 7 Flores
 Procesión da Santa Compaña
 Por San Xoán, veña o BEN e salga o MAL¡¡¡¡
 Lume¡¡¡
 Esconxuro e Queimada
Queimada purificadora da alma...

No hay comentarios:

Publicar un comentario