Visitas

sábado, 2 de julio de 2011

Hoxe, Educación

Acabo de ler nun periódico de tirada estatal, que este foi o ano no que nas probas de selectividade aprobaron máis alumnos, en total un 93,6% dos alumnos. 

Esta noticia pode inducirnos a creer que a educación mellora, pero eu non creo que sea así, e menos en Galicia, onde, tamén apuntado polo artigo, é a Comunidade onde máis suspenden, aprobando un 86,25% dos alumnos presentados. Na miña opinión esto non é real de todo, cando vemos que ó longo da ESO e Bacharelato, os alumnos que aproban todo por clase non superan os cinco como moito.

Esto é unha importante tara para a situación actual do país por moito que nos vendan que as actuais xeracións recién universitarias son as mellores, pois, pos unha parte non teñen traballar, e pola outra, si a educación de base é peor, a productividade posterior tamén, algo que xa se nos achaca por tódolos lados ahora mismo.

As razóns polas que se incrementa o número de aprobados expóñense no artigo, ben porque as probas sexan máis fáciles, algo que nos pode levar a pensar que en Galicia foran máis esixentes, ou pola razón de que o novo sistema evalúan menos materias oblligatorias e deixa marxen para elexir ós alumnos outras voluntarias. 

Sexa como sexa, o problema de raiz lévanos a entrocar esta situación coa época de bonanza do Estado e coa actual crise, pois si no seu día non se invertiu máis en I+D e en educación -coas vacas gordas- difícilmente vamos agora a reformar o noso sistema productivo onde un alto porcentaxe da man de obra estba acostumbrado a poñer ladrillos en lugar de mata-la cabeza investigando ou creando valor que poder exportar.

A situación para a nosa xuventude, e non é por ser alarmista, creo que é peor do que está sendo para moitos universitarios que terminaron as súas carreiras cando aínda se escollía onde traballar e ahora non atopen onde gañar o suficiente para subsistir. En Galicia, por sorte ou por desgracia, sempre teremos próximos ós avós, quen os teña, ou as leiras, como decían eses mesmos, para volver a elas cando faga falta...



No hay comentarios:

Publicar un comentario