Estes días estamos a ver a posta en práctica do concepto de "austeridade" neste noso Concello. O alcalde entrante, Argimiro Marnotes, na mesma semana acorda reducir o número de liñas telefónicas móviles do Concello á metade e, ó mesmo tempo subirse soldo en torno ós 880€.
Dito e feito xa está montada a liorta entre detractores e afíns como podedes comprobar en www.copecarballino.es, onde ata da a historia para falar da vestimenta de Dopazo e do bo falar de Martín, o voceiro do PP no Concello.
Desde o meu punto de vista uns e outros saltan á gresca porque sí, pero ambas situacións teñen unha doble lectura na que eu me paro a pensar...e na que ó final coido que haberá que darlle tempo para ver si realmente se cumplen os obxectivos de tales medidas.
Pola miña parte paréceme ben que o Alcalde teña dedicación exclusiva, non so me parece ben, penso que debería ser obligatorio. Si hoxe en día a caixa non dá para máis, paréceme ben que únicamente teña el dedicación exclusiva, resto de concelleiros terán que reducir a súa xorada laboral dos seus traballos nunha porcentaxe que lles permita atender ás súas funcións no Concello, é o mínimo que se debería facer, pois para algo van cobrar por asistencia os plenos e demais comisións, co que compensarían esa reducción. (Esto xa o saben antes de se presentar). Posteriormente deberían establecer uns días e horas nas que poder atender ós veciños e os escritos do seu departamento para decidir xunto cos técnicos as medidas para cada caso. Todo esto suponse que xa se fai, pero moitas veces a veciñanza non o percibimos...Nestes tempos o que conta é o servicio que se presta, non o que nos metemos ó bolsillo, polo que si antes había 5 dedicacións exclusivas, poño por caso, e ahora se reducen a 3, por exemplo, e antes se gastaban nas mesmas 5000€ e ahora 4000€, estanse aforrando 1000€, pero "per cápita", eses concelleiros gañan máis, lóxico por teren máis traballo...o dato a ter en conta é si o servicio realizado é o mesmo, mellor ou peor.
No caso dos teléfonos móviles pódese facer a mesma lectura, esperemos que esa reducción sirva para aforrar na factura, non vaia ser que con menos liñas se gaste o mesmo ou máis, esperemos que non, en todo caso, hai que lle dar tempo creo eu para ver os resultados, polo que espero que tras polo menos tres meses, os medios se fagan eco dos resultados e nos informen...
Un saúdo a tod@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario