Estamos ante a semana grande do POLBO, neste caso, "á feira", de ningunha outra maneira, jaja. Este ano as actividades da celebración exténdense dende o Mércores 10 ás 21:30 co Octavio Pop na praza dos Irmáns Prieto (Praza das Monxas) ata o luns día 15 festivo nacional.
Entre medias, o Venres 12, temos outra mostra musical coa final do concurso Jorigames, no que o gañador se levará a importante suma de 22000€, casi nada para os tempos que corren. E tamén poderemos contar coa actuación en Maxims de Juan Magan, reputado Dj do electrolatino.
De seguido, o Sábado 13, xa pola tardiña, teremos o concurso de camisetas das diferentes pandillas que lucirán modelos en toda a celebración. A gañadora levarase 150€, mentres que o resto de grupos participantes 60€, tanto uns coma os outros seguro dan para unhas racións¡¡¡¡
Ese mesmo Sábado pola noite seguro que tódolos locais da vila vos recibirán cos brazos abertos na festa rachada toda a noite.
Xa o Domingo 14, todos ó parque municipal, disfrutar da natureza, dunha boa comida, música e festa ata que o corpo aguante nas barras abertas de diferentes estilos musicais.
Seguro que se pasa ben, esperemos que o tempo acompañe¡¡¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario