Hoxe fágome eco da noticia xuredida na Rexión e máis noutros medios, a cal titula "Los jóvenes molestan al comercio de Carballiño". A día de hoxe non tiña claro de qué vivían moitos dos comercios de Carballiño, pero o que si teño claro é que, os que sobrevivan a estes tempos, terán por clientes ós actuais xóvenes do pobo que sigan a vivir aquí...
A problemática da praza maior e adxacentes ven sendo criticada desde sempre, ben que os pequenos molestan ós maiores co balón, ben que agora non se vende pola presencia dos mesmos na rúa...e digo eu, a onde queren mandalos??? de botellón polas tardes para que vaian practicando para o fin de semana??? non sei, podo estar de acordo en que onde se xuntan moitos, pois se mancha máis, se fai máis ruidos e incluso poden molestar para a circulación das persoas pola rúa, pero a rúa é pública. Si fora comerciante, dependendo do negocio, querría na miña rúa unha ou outra xente paseando, como posibles clientes. Neste caso, a tienda de chucherías de Perfectino Vieitez seguro que está dacordo en que os rapaces se xunten ahí, porque ahí é onde fai o seu negocio...
Esta situación é unha corrente actual das conductas da xente nova, pero nun futuro pode cambiar e probablemente "Cucadas" que así se chama a tenda de dulces, terá que mudarse; por ende, non me parece correcto o posicionamento, ou polo menos o que desprende o artigo da Rexión respecto as críticas dos comerciantes.
Non se pode poñer a man no lume por tódolos rapaces que alí se xuntan, pero tampouco se pode criminalizalos. Si é necesario que os barrendeiros se empreguen máis a fondo, pois terán que ir máis, si é necesario un policía local paseando seguido, pois terá que estar, nin máis nin menos, así estarán controlados, así se comportarán como é debido e así tal vez, varíen as súas conductas, pero desde logo a imposición, a prohibición a reunirse alí, eso, non cabe na cabeza de ninguén un mínimo sensato, porque eso o que provocará será a confrontación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario