Visitas

sábado, 12 de noviembre de 2011

Indignación Social

Hoxe a medio día, ás 12:15 da mañá, na rúa principal iniciouse un incendio no edificio das gelerías Magariños; a súa orixe a esta hora é descoñecida para o que vos escribe, pero eu mesmo fun testigo en primeira persoa do suceso. 

Esperamos que esta hora, das NOVE persoas afectadas que puiden contar estén ben.

O relato dos feitos foio seguinte: Tralo aviso de incendio, presentáronse dous axentes locais no citado edificio deixando o coche oficial no medio da rúa e pechado. Cando eu cheguei ó lugar de casualidade, no entresuelo, nas ventanas da peluquería atopábanse dúas persoas maiores, un home e unha muller que amenazaban con precipitarse polo medo ó lume e o irrespirable fume. Ós 10 minutos chegaron os "bombeiros", e poño entre comillas, e o digo con todo respeto, porque por cómo actuaron a min non me parecen que deban ter ese nome por falta de preparación, e repito, non considero inadecuada a súa actuación, senón que opino que se viron desbordados. Foron os veciños os que tomaron a iniciativa neste momento e se puxeron mans á obra; como os bombeiros non actuaban de maneira rápida, un veciño rompeu o cristal do coche da policía local e conseguiuse apartalo para, posteriormente situar unha escada pola que poder baixar á esas dúas persoas maiores. Os que axudaron a baixar a esas dúas personas e romperon o cristal do vehículo oficial, foron veciños que se subiron á propia escada, e non exaltados contra a policía local como xa se comentou nalgún bar.
Logo, máis veciños, entre uns seis ou sete, solicitaron extintores entre os locais comerciais para descargalos no portal do edificio pois as chamas iban a máis. Vivíronse momentos angustiosos posto que familiares de posibles víctimas estaban na rúa e esixían responsabilidades ós políticos que alí se presentaron pero que pouco orden poñían, ó contrario, algún familiar desdes aínda se encaraba, perdendo totalmente os papeles e non alcanzando a entender a gravedade da situación.

Despois, unha vez conectaron as mangueiras, penso que se cometeu outra irresponsabilidade por falta de preparaciñon ó tratar de votar auga ó lume sen ter a certeza de que non había risco eléctrico. Posteriormente, logrouse acceder e comenzaron a baixar ás primeiras víctimas do suceso. (O vídeo que vos pego recolle as imaxes ata este momento). As primeiras en saír foron unha nai e a súa filla, con queimaduras. Neste momento, o que vos escribe chamei ó 112 para que nos diran instruccións e informáronme de que UNHA ambulancia se dirixía cara o lugar, ó que lles respondín que unha non era suficiente, que enviasen máis porque polo de pronto xa había catro afectados e era un edificio grande. Logo saíron outras dúas víctimas con rasgos de queimaduras e bastante desorientados. Teño que decir q a xente, agolpábase e eso non se debe facer, primeiro débese deixar espacio para traballar e segundo actuar con coñecemento, entendendo aínda así que moitos o facían por axudar ¡¡ós afectados con queimaduras non se lles debe poñer paños de auga encima das posibles queimaduras¡¡.

A continuación conseguiuse sacar do edificio a outro home maior, bastante afectado, en camilla, o cal foi atendido na rúa ata que non chegaron máis ambulancias.

Por último, conseguiron localizar ós dous axentes da Policía Local con signos de intoxicación e dificultades respiratorias.


Desde este BLOG denunciamos a falta de medios en Carballiño unha vez máis, tendo en conta o tipo de edificios da vila. No CHEDA, edificio no que vivo levamos a cabo a instalación de mangueiras en cada planta que poden ser de gran axuda para casos como este nos que os primeiros en acudir son os propios veciños. Recordar que aínda que se tome a iniciativa debe ser sempre con coñecemento de causa, a pesares de que, si somos persoas, o insitinto natural de axuda ó veciño é inevitable. Facer incapé de que se deben tomar medidas urxentes en diferentes ámbitos que deben ser prioritarias XA, e non a posteriori de que sucedan as desgracias: Parque de Bombeiros con persoal experto, desfibriladores nas instalacións deportivas, etc...

10 comentarios:

  1. Luz Lòpez12/11/11, 16:32

    Menos mal que habìan pmersonas dispuestas a exponer su propia seguridad con tal de ayudar a las personas que allì se encontraban. Y que esos mismos bomberos improvisados tenian bastate màs idea que el personal "cualificado" fue algo crucial en todo esto ya que supieron ir respondiendo a cada situacion que se les presento de forma muy correcta! Un gran actuacion vecinal no asì del cuerpo de bomberos ni de la policia.
    Gracias por mantenernos informados, con este buen reportaje, a los que nos encontramos lejos.

    ResponderEliminar
  2. EL VIDEO ME PARECE QUE SOBRA.

    ResponderEliminar
  3. ¿Por qué dis que sobra? algunha xente mo leva dito, pero son máis os que agradecen a información; son consciente da cadea de errores que alí cometimos, pero tamén creo 100% que polo menos as dúas persoas maiores que saíron pola ventana poderían estar mortos de non ser polos veciños. Calquer outro razoamento penso que cae polo seu propio peso tendo unicamente en conta o resultado. En canto ó video, espero o teu razoamento...

    ResponderEliminar
  4. Fixeches ti o vídeo?

    Que opinas da reacció do fillo de Edelmiro? Cres que porque teña ao pai en perigo ten que darlle ostias ao primeiro que pilla por diante?

    Grazas.

    ResponderEliminar
  5. Que queres decir cando dis: exaltados contra a policía local? ahí non te esplicaches ben

    ResponderEliminar
  6. O calificativo de exaltados xa llo diron nalgunha cafetería, porque se falou sen saber e a xente xa decía que se rompera a ventanilla porque os locales non estaban actuando; lexos de eso, rompeuse, para apartar o vehñiculo do medio. En segundo lugar respecto á reacción de Edelmiro, opino que non é xustificable pegar a ninguén a non ser que sexa en defensa propia; non creo que quixera pegar, él, de forma imprudente, exixíalle ó único concelleiro alí presente naqueles momentos que se movilizara e chamara a quen fixera falta. Máis que unha agresión o que eu puiden ver é en todo caso un empuxón para que se volvese. Non xustifico o que fixo, pero si alcanzo a comprendelo porque non todos temos a mesma capacidade de análise en situacións de ese tipo e cada persoa é un mundo. O que si me parece inapropiado é que, polo que alñi decían, o fillo de Emilio si quixera liarse a mamporros ou responder da mesma maneira que Edelmiro. Un non tiña en serio perigo ós pais e o outro si. Esta é a miña opinión.

    ResponderEliminar
  7. Poerias colgar tamén o video que saiu en telemiño no que sae xente AGRADECENDO os policias locais que os avisasen para saír. Paréceme moi triste que se xogaran a vida e non lle des ningún recoñecemento porque houbo xente que non se quedou atrapada gracias a eles qua agora están no hospital recuperándose e a meirande parte da xente que esta cos extintores son membros de protección civil que non estaban de servicio pero axudaron igual

    ResponderEliminar
  8. Xogáronse a vida da mesma maneira inconsciente qeu os veciños, o meu recoñecemento polo resultado de salvar vidas si así foi, pero os expertos cos que falei eu identifican unha serie de erros graves impropios duns axentes. Repito, o meu recoñecemento a todos os que votaron unha man,a diferencia é que uns estaban obligados polo seu cargo e outros por unha ética moral, pero repito, en ambos casos, inapropiada, (entre os que me inclúo). Para agradecementos xa están os políticos, os de ahora e os de antes, non nos enganemos, porque seguen sen atender necesidades tan básicas dos cidadáns como ter medios de emerxencia idóneos e persoal de emerxencias preparados.

    ResponderEliminar
  9. Jordi, eres un crack. Tes que te presentar nas vindeiras eleccións municipais e xa verás que gran resultado sacas (ou que gran ridiculo fas)

    ResponderEliminar
  10. O crack eres ti "anónimo", e o ridículo falo ti ó criticar por criticar a alguén. Chegado o caso si queres ponte en contacto conmigo persoalmente e douche o segundo posto na candidatura, así facemos o ridículo ambos ;)

    ResponderEliminar