Visitas

martes, 27 de marzo de 2012

Sen cambios, nin novedades

Desde o ano pasado, xa antes das eleccións locais, tralas que se cambiou o Goberno local, as expectativas para arranxar os males que supostamente asolaban á vila eran moi grandes. A día de hoxe, todos eses males aparecen e desaparecen dos medios según o gusto dos redactores -ou quen manda neles- e outros retócanse nun intento de asimilación colectivo á forza.

Falo, por exemplo, da DÉBEDA do Concello...como todos sabedes a mesma en meses oscilou como xa quixera a Bolsa de Madrid, falo en referencia alcista, porque tamén decreceu, como quixera o goberno Central co interés que pagamos por financiarnos. Que si 11 millóns, que si 6, que si 4, que si 2, a verdade é que parece que a débeda está controlada, dentro dos límites legais, porque senón tomaríanse medidas das que o pobo non temos novas. Os Goberno saínte falaba de 2 millóns, ahora afírmase que non chega ós 6. Son cartos, pero tras un viaxe ó Sur, en Rota máis concretamente dinme conta de que esa débeda é normal, e incluso baixa se temos en conta que dos 6 millóns, 4 débense ós bancos e están fraccionados como en calquer empresa; pois ben , en Rota, un Concello co doble de habitantes que o Carballiño a súa débeda ronda os 60 millóns de euros, casi nada.

Falo, nestrouto párrafo, da VERACRUZ, o seu entorno prodúceme un profundo entristecemento e acto seguido un malestar contra tódolos representantes...non me explico como nin uns nin outros, coa Administración galega afín á do Concello, non se arranxa esto o antes posible, e sobre todo, antes do verán, época na que nos visitan os turistas e que, polo noso futuro deben levar unha boa imaxen do pobo para que o boca a boca funcione. As condicións actuais non son as mellores para tal fin.

Outro punto do que me acabo de enterar é o da paralización do PARQUE DE BOMBEIROS, unha mala, moi mala nova se temos en conta o acontecido na vila a finais do ano pasado co incendio no Magariños. Este é un perigo ó que estamos expostos todos os que vivimos en edificios de alturas impropias para unha vila que non conta cos servicios de extinción adecuados. Por favor, os nosos representantes afirmaban con rotundidade que traballarían para poñer a disposición dos cidadáns tódolos medios necesarios, así que debemos reclamarlle-los de novo.

Como un dato favorable a priori, foi a paralización da construcción da INCINERADORA, polo menos onde estaba pensado en principio, pero unha vez máis, o meu reproche ós políticos, porque se pasaban a pelota de tellado en tellado, desde o Concello de O Irixo, á Diputación e á Xunta, sin ter claro a día de hoxe quen decide, quen propón e quen dispón. Aínda por riba desde os medios tentan facernos un lavado de cerebro valorando positivamente a incineración. A miña posición é clara, non podemos renunciar á incineración porque xeramos residuos que só se eliminan así a día de hoxe, pero si debemos cambia-lo sistema ou modelo a outro máis disperso e ecolóxico.

Noutra entrada comentaremos algunha cousiña máis...


2 comentarios:

  1. http://copecarballino.es/denunciacidada/o-instituto-de-estudios-carballi%C3%B1eses-e-incineradora-do-irixo

    ResponderEliminar
  2. http://copecarballino.es/novas/obra-do-parque-de-bombeiros-mantense-pendente-da-aportaci%C3%B3n-da-deputaci%C3%B3n

    ResponderEliminar