Visitas

miércoles, 11 de abril de 2012

Visións do futuro, retornos ó pasado...

Sempre me dixeron que esto da Historia era unha repetición cíclica de acontecementos de maior ou menor duración; a día de hoxe, cos avances tecnolóxicos a tendencia é que esos ciclos se repitan en periodos de tempo máis curtos asi como que se propaguen xeográficamente a máis áreas do planeta...

Dito esto, antes de me deitar, díuseme por soñar desperto como diría un de dereitas, ou ter un mal sono, como diría un de esquerdas...opto por facer outra das cousas que sempre me inculcaron e que a día de hoxe debería ser a máxima en política, "fai ben e non mires a quen". De súpeto veume á cabeza unha frase destas que pululan pola rede, "España o novo länder alemán, Spanien". Manda truco me dixen, pasamos por ser un dos países onde a descentralización do Estado acadou cotas máis elevadas, SI, algún de esquerdas dirame que xa bebín, pero non, estamos a martes e eso só o practico na fin de semana. Dixen ben, o Estado autonómico no que vivimos, si o comparamos con outros sistemas, acadou cotas de autonomía moi elevadas, tanto que retomamos vellos pantasmas de independentismo nalgúns "lugares" chamemoslle para non ofender a ninguén nin dar que decir...EEUU ou Alemaña, non practican eso dos separatismos, por contra, teñen unha concepción superior do que debe ser o Estado ou Nación según o caso e os ollos que lean estas verbas, superior ó Lander ou os propios estados...Teñen unha conciencia cidadán común, algo que penso sempre envidiarei, algo do que, cando viaxo por España, sinto algo de envexa...

Pois ben, puntualizado esto, repito, algún pensará que foi un soño, outro unha pesadilla, cabilei en que ser un lander de Alemaña non chegaremos, polo menos oficialmente, pero perder ese Estado autonómico non me extrañaría. A ninguén se lle escapa o que ocurriu e está ocorrendo cos bancos e as súas fusións, algún que outro rescate, etc...En España, según os expertos, non escaparemos dun rescate, o que teño claro é quen o pagará, TODOS NÓS, pero como paso previo e máis cun Goberno como o actual, apostaría por liquidar o Estado autonómico. Qué impedimento tería o actual Goberno si se lle ocurre a algún "experto" dos nosos dirixentes liquidar as Autonomías, ou fusionalas, que sona millor. A maioría delas están gobernadas pola dereita, o Goberno central é da dereita, unha ensoñación da dereita, sempre me dixeron, que era o de "España, Grande y Una"-ou algo así-...pois ¡Ala! que non ¡Por Alá!, que nos digan que así aforramos un montón, que se farían menos recortes e que non sería necesario un RESCATE, fixo que como cabras nos tiraríamos ó monte. En Grecia e Portugal non tiñan a posibilidade deste paso intermedio, aquí igual .

Así e todo, eu sei de unha PRIMA que por pasiva e por activa non se había de baixar da burra...ou SÍ, quen sabe, desde logo os nosos dirixentes NON. Aquí vos deixo a idea e o seguinte vídeo para que poñades a funciona-la cachola. Saúdos.

1 comentario:

  1. http://www.fundacioncivil.org/2012/05/el-poder-disgregados-de-las-asimetrias-en-espana-y-europa/

    ResponderEliminar