Visitas

jueves, 18 de julio de 2013

Mariano, Bárcenas, Cospedal, o Rei e outras cuestións de Estado...

Xullo de 2013, 34º de temperatura aínda que a sensación pode ser duns 40º, haberá quen esté na praia, outros durmindo a sesta e outros, laborando cun pouco de sorte...o caso é que este noso PAÍS segue a  funcionar a trancas e barrancas aínda que dudo que alguén sepa cara onde; non quero que pensedes que tiro a pesimista, non, para min os tempos non variaron moito de 5 anos para aquí, ou sí, depende por onde se mire.

Nestes días xa estamos a traballar nunha nova tempada de fútbol do Sporting, clube no que nos metimos varios personaxes da vila na que vivo que probablemente seremos máis recordados polas horas que pasamos en moitos bares ca polo esforzo en sacar adiante algunhas iniciativas que en calquer outra sociedade terían algún valor ou recoñecemento, aquí destilamos outras formas. 

O caso é que a Sociedade na que vivimos, unha vez máis, paréceme enferma. É unha enferma que está dopada de medicamentos que para nada melloran a súa calidade de vida, únicamente a adormecen. Vivimos nunha sociedade demócrata, de dereito, do !!primeiro mundo¡¡, con políticos que únicamente se dedican -ou por eso cobran en teoría- a facer política, a darlle solucións ós problemas dos cidadáns, pero que o que realmente fan é arreglar en primeiro lugar os seus problemas, en segundo, os dos seus amigos e en terceiro, os dos amigos dos amigos...mentres, os realmente enfermos, salvo excepcións, miramos para outro lado, adormecidos.

O paciente ten diversos síntomas: A sangue casi non corre polas venas, está espesa, necesita unha transfusión e ser renovada para darlle impulso ós órganos; o cerebro padece unha demencia que lle impide acordarse do pasado e visualizar un futuro, a vista non ve máis alá das súas mans, as mesmas que non teñen nin un fouciño que coller, e o corazón parece apagarse lentamente salvo por algunha que outra inxección de adrenalina...en resumo, o representante de todos, o teórico pai do Estado, a súa cabeza visible por encima de Gobernos, o Rei, está máis que cuestionado, debería desde o meu punto de vista coller a xubilación e deixar que sangue nova poida demostrar e transmitir algo de forza e vitalidade ós subditos, incluídos ós representantes de todos mostrando un destino no que remar, bogues do lado que bogues; o cerebro, os últimos gobernos, eran incapaces de recordar de onde vimos -dunha guerra civil- nin onde estamos -na maior crise económica tralo CRACK do 29-, sendo un país a moita distancia dos nosos veciños a pesar dos avances obtidos, dificultando esto un destino ó que chegar, dificultando fixar uns obxectivos que lograr...en lugar deso, diuselles por crear aeroportos nos que non aterrizan avións, ou esqueletos arquitectónicos dos que non emana sabiduría nin coñecemento..., en lugar de crear un sector industrial competitivo que dese cabida ás millores e máis preparadas xeracións  que nunca tivemos, que falta de memoria.
A Xustiza non ve máis alá dos intereses de quen a manexa, blancos e negros, azuis e vermellos, sin impartir a súa máxima, sin darlle protección a quen ve alterados os seus dereitos; os dereitos dun pobo que nun número elevado se pasa os días nunha eterna sesta obligada por non ter onde aplicar a súa forza ou as súas ideas, un capital humano que se ve obragado a buscar un camiño mellor habitando novos organismos vivos, outras sociedades, nos mellores dos casos, mentres que os que se deitan nesa tenebrosa sesta apáganse sin darse conta, cesando o seu latir...

Sociedade á que lle van as drogas blandas ben se chamen, festas gastronómicas, populares ou fútbol...;o caso é que cun GOBERNO do que se fala máis que nunca de mangantes, e digo esto porque por exemplo do último goberno de ZP salvo o noso veciño Pepiño non recordo o nome de ningún máis, nembargantes, dos actuais, ben eles mismos, oou maridos, ou cuñados, ou veciños da comunidade, están untados ata as orellas, non nos queda máis alegría que darnos ás festas gastronómicas ou a ler o MARCA...


Algúns a maiores podemos decir...

FORZA SPORTING¡¡¡

2 comentarios: