Visitas

martes, 3 de septiembre de 2013

FESTAS DO SAN CIBRAO 2013

As coñecidas festas patronais do San Cibrao de Carballiño -Festas do Setembro- publicaron as actuacións con que contarán este ano 2013.

ENLACE ó Programa: PINCHA AQUÍ

Foto de Cope Carballiño
A Asociación de Hostelería do Carballiño é a encargada da súa organización e desta vez eliminaron do calendario das festas as datas do 18 e 19 de Setembro, adiantando o seu inicio ó venres 13 aproveitando a fin de semana.

O orzamento será similar ó do ano 2012, 90.000€, contando co descenso da aportación do Concello que pasa dos 33.000€ ós 26.000€, diferencia que terán que aportar entre os veciños, as atraccións ou posibles patrocinadores...

Turismo Carballiño
As noites de verbena serán amenizadas polas orquestas Metrópolis, Madeira, La Oca, Sintonía de Vigo e Panorma, mentres que nas xornadas matinais as bandas de música do Carballiño, a Lira de Ribadavia, a charanga Castro Bello e os gaiteiros e cabezudos, ambientarán as rúas, sin olvidarnos das alboradas de bombas de palenque das mañás que nos fan erguer dun chimpo da cama ou chaman polos veciños das localidades próximas para que se acerquen ás sesións vermouth...


Como actuación rechamante contaremos o Domingo día 15 con HENRY MÉNDEZ, músico dominicano, do que vos pego o éxito que máis se deixou oir este verán...


Para os máis cativos realizarase tódalas tardes unha "Olimpiada Infantil", mentres que os fogos serán o luns 16 e martes 17 -festivo local- no inmellorable marco da nova praza da Veracruz.

Enlace da COPEPINCHA AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario