Dúas noticias me diron que cavilar esta mañá na media hora que tiven libre...e ámbalas dúas, en primeira instancia, me chocaron, asumindo logo e dixeríndoas tendo en conta o que hai que ter en conta...
Por unha banda, a colocación de seis cámaras de control do tráfico nas rotondas do polígono, as cales, polo módico precio de 41.012,36€, tamén servirán para vixilar, previa autorización para que se poidan mover...non se indica cánto costa o mantemento das mesmas, nin a modificación do sistema... pero penso que unha boa alternativa ás cámaras era a contratación de xente desempleada que se adicara á vixilancia do mesmo en colaboración coa Policía Local e a Garda Civil.
![]() |
Vista aérea do Carballiño sen cámaras aínda... |
Xa houbo quen advertiu no Facebook que él tamén quería ter acceso ás cámaras do Concello para controlar quen entra ou sae e quen traballa ou non sempre e cando tamén se instale alí unha.
Ver noticia: PINCHA AQUÍ
A outra noticia é a concesión de tres subvencións por importe de preto de 250.000€ da Consellería de Economía e Industria ó noso Departamento de Traballo.
![]() |
Foto da WEB do Concello |
Tras ir á web do Concello, sigo rindo do pouco tacto que existe na web polo noso idioma e o bo facer...en primeiro lugar, non hai Concelleira de Traballo, senón de Industria, Emprego e Promoción Económica; en segundo lugar, a tropelía que se fai do galego na web fai dano á vista e en terceiro, si sumamos "preto" de 200.000€, máis 42.281,83€, máis 41.012,36€, danos arredor de 280.000€, cantidade superior ós "preto" de 250.000€ iniciais.
Ver noticia: PINCHA AQUÍ
Unha vez máis, debemos esixir que a información do Concello sexa o máis clara posible, os trámites e adxudicacións, transparentes, o destino e as cuantías dos cartos públicos, claros e a información transferida ós cidadáns veraz...e si a maiores algún dos funcionarios con formación acreditada en galego corrixe os escritos, mellor que mellor, porque senón tiran por terra anos e anos de ensinanza nos nosos colexios e haberá que empezar a facer como entón, descontar € do salario en lugar de puntos nos exames.
![]() |
" Que salga ben pola cámara ehh, que non o repito¡¡¡¡¡" |
No hay comentarios:
Publicar un comentario