Visitas

jueves, 23 de enero de 2014

Baches e máis baches...(ou fochancas, como prefirades)

Penso que sobra decir moito máis a maiores do título da entrada...O Carballiño é unha vila na que o máis recomendable pola saúde do teu vehículo é deixalo no garaxe; pode ser que sexa unha nova estratexia para fomentar que a xente ande a pé, se contamine menos, teñamos unha mellor saúde...pode ser. O certo é que non coñezo unha rúa pola que circulen os coches sin bache algún...

Teño entendido que ahora vai ser cousa da Diputación -así temos alguén de fóra a quen lle botar as culpas dos baches, dos retrasos nos arranxos ou de cómo quedan despois- pero o certo é que hai unha total falta de previsión para atallar con garantías este tipo de inconvintes no propio Concello...quizáis, si cada departamento preparase un pouco as súas necesidades e fóran plasmadas nuns presupostos realistas e non prorrogados de anos de vacas gordas..., non teríamos que depender de entes superiores que ben poderían estar atendendo outras necesidades que sí lle poderían corresponder.

É insultante nembargantes que se gasten 120.000€ en peatonalizar unha rúa, porque sí, porque senón se perde a subvención, (o caso é gastar), en lugar de arranxar as auténticas necesidades da vila. Arranxo dunha rúa que, polo que din os responsables do mantemento das canalizacións, en canto revente nalgún punto desde tramo, "estámpanse os adoquíns contra o Concello", xa que a tubería principal de 25´ non se cambiou...

Exemplos que se me veñen á cabeza: Rotonda do Estate Quieto, subida de Señorín cara o Instituto, Avenida Xulio Rguez. Soto, curva cara correos frente o Moma, carretera de Mesego ó pasar Espiñedo...sin ser bache pero recén arranxada sen elimina-lo problema, curva do cementerio que sigue baixando cunha cantidade de auga inmensa e na que os coches seguen a facer "aqua-planning"... podedes indicar maís si así o estimades oportuno. 

Dende aquí pedir máis previsión ós responsables de área, así como medios para atallar os inconvintes ós cidadáns...

Nin que me leran o blog antes de publicalo eles: Enlace de La Región, FALA DUNS 3000 BACHES¡¡¡(PINCHA AQUÍ)

Enlace da nova na TVG: (PINCHA AQUÍ)

Pégovos algunhas ideas...




No hay comentarios:

Publicar un comentario