Visitas

martes, 4 de febrero de 2014

Só se quere A VERDADE¡¡¡

Fóra de toda discusión política e da ideoloxía que cada un teña a ben defender, hai unha cousa que debería ser sagrada para un representante político, ante unha pregunta, decir soamente a verdade, sin demagoxia de ningún tipo.

Neste noso Carballiño, porque é de todos, non dos que gobernan, aínda que uns e outros parecía e parece que así o creían, temos exemplos para dar e tomar de que dita premisa cuasi-sagrada se vulnera unha e outra vez, desde a simple pregunta mediante unha instancia, a nunha entrevista persoal co concelleiro de turno, ou mesmo nun pleno e ante a prensa.

É de risa que se nos coñeza ou se fale da vila fóra dela por mor dun xogo de nenos, ou varios, non estou moi posto, que si pokémos, pikachus, pulpos, empalmes persoais ou a c--a bendita que dirían outros, "JOSITO"...

O actual alcalde dixo que non tivera relación ningunha co grupo Vendex en canto á prestación de favores, pero das conversas publicadas e os actos recoñecidos, todo fai pensar, independentemente do que finalmente se demostre, que algo cheira mal... Razón suficiente para que noutros países cunha cultura política dende a miña opinión "pulcra" e non decadente como a do noso país, refutado esto no último informe da UE no que só nos superan en corrupción, según o pensar dos cidadáns, Grecia e Italia (VER AQUÍ), os políticos dimitan á mínima que se poida mancha-lo nome de quenes representan, pero aquí non, xa que non hai vocación pública, senón que a política é o medio de vida de moitos.

Eu, consciente de onde e cómo se vive, só quixera saber A VERDADE, para logo decidir si pedir ou non responsabilidades.

Noticia en COPE Carballiño do 4/2/13 (Relación Profesional): PINCHA AQUÍ
Noticia en EL MUNDO do 4/2/13 (Só paralizou o da ORA): PINCHA AQUÍ
Noticia da Región do 9/3/13 (IMPUTACIÓN): PINCHA AQUÍ
Noticia de El País do 3/2/14 (Intensa relación dende 2011): PINCHA AQUÍ 
Noticia do Faro de Vigo do 4/2/14 (CONVERSACIÓNS): PINCHA AQUÍ
Noticia en La Voz de Galicia do 13/2/14 (Era para entretelos): PINCHA AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario