Visitas

lunes, 24 de marzo de 2014

Máis dignidade, menos represión


Vaia por diante o meu absoluto rexeite a calquer acto que supoña un delito ou agresión contra bens privados ou públicos.

Tras disto, a miña vergonza ó ver ós corpos de seguridade, asalariados ó noso servicio, cargar contra unha marcha de cidadáns, infiltrarse na mesma e logo agredir. A miña vergonza e pesar como uns poucos emborronan unha demanda de DIGNIDADE dun pobo, porque se fora ou non á manifestación, toda persoa, todo cidadán español quere unha vida DIGNA, unha sanidade DIGNA, unha educación DIGNA e todo eso non se consegue con recortes impostos a unha maioría e otorgando privilexios a unha minoría. A eses que destrozan o inmobiliario público ou bens privados pódenlle dar ben por ahí e por alá...

Non se pode permitir que uns corpos de seguridade carguen contra ninguén, con unha ou outra excusa, non o vexo lexítimo nin propio dun Estado de Dereito; considero correcto que se deteña e xuzgue a aqueles que destrozan e rebantan unha manifestación, porque eses sí atacan o dereito a manifestarse, sexan antisistema ou os propios defensores da legalidade como parece que se demostra manifestación tras manifestación cando hai policías infiltrados con, permitídeme, dudosas funcións de seguridade e garantes do dereito de manifestación. Penso que os propios manifestantes de ben denunciarán ós que rebentan estos actos públicos, e poñerán todo da súa parte para que as autoridades actúen, pero desde fóra.

Este pasado fin de semana, un veciño do Carballiño foi detido por infiltrados, maniatado por axentes e maltratado por bestas, pois non teñen outro nome visto as imaxes na que un deles, apoiando o escudo na cabeza do rapaz e volcando o seu peso contra ela, inmovilizaba contra o chan de maneira indigna, toda protesta que poidera facer. Paréceme antinatura este tipo de comportamentos, propios dun estado bananero, logo salen os políticos despotricando contra o que ocurre noutras partes do planeta...

A esta hora debería haber pasado a disposición xudicial, e seguramente teña que pagar unha multa, ogallá sexa só iso e non teña ningún dano físico nin psicolóxico tras esta experiencia; estou na obriga de creer ós que o acompañaban, en canto a que non fixo NADA, ou polo menos, nada diferente ó resto dos que alí se manifestaban. De non ser así, e ter cometido algún delito ou falta, penso que escribiría o mesmo, porque ninguén asistiría a unha marcha así, si no país non ocorrese o que ocorre...

Ánimo á familia e ánimo ós rapaces que pelexan polo seu futuro exercendo un dereito otorgado polo pobo hai xa uns cantos anos pero esquecido para uns cuantos...non quixera vivir o que viviron meus pais e meus avós, pero non estaría de máis si é na defensa de XUSTIZA e DIGNIDADE, e non a que nos venden, si non a que quere o pobo.


1 comentario:

  1. http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/03/24/libertad-cargos-ourensano-detenido-22/992205.html

    ResponderEliminar