Visitas

sábado, 29 de marzo de 2014

PXOM Carballiño (11/03/99)

Si non me equivoco, van 15 anos desde que se aprobou o PXOM vixente na actalidade en Carballiño. Pola última Lei do Solo, hai partes deste  PXOM ó parecer, que non se adaptan a ela, polo que é necesario modifica-las ou, como se está facendo, ou eso parece, elaborar un novo.

Quero facer nesta entrada un breve repaso ó feito durante a vixencia deste e analizar cada zona para ver si se cumpliu ou non e dudas que me asaltan, así como variantes, que desde o meu punto de vista podían ser convintes...sempre desde un punto de vista profano como indico e sin máis coñecemento que o bo parecer do punto de vista dun cidadán de a pé.

1. Uceira. Neste plano aparece o campo de fútbol da Uceira e máis o colexio, dotacional educativo e deportivo. Pois ben, en lugar de planificar e crear un bo complexo deportivo en combinación co educativo -recordar que hai pabillón cuberto, optouse por crear zonas deportivas no rural, como por exemplo Pol e máis Pena Cobertoira, gastando millóns, en terreos de dudosa titularidade e esparcindo as zonas deportivas por todo o Concello desaproveitando os beneficios da concentración en canto a gasto e servicio. Vendo o plano, nesa zona dotacional ben houberan collido dous campos de F8 e máis outro de F11 (o actual), coa súa zona de vestiarios e grada central con cafetería... A maiores, desde os catro camiños permitíase contruir edificios de IV e V alturas canto máis próximos ós Catro Camiños, algo que limitaría a III, abaratando algo o solo e, de haber demanda, requeriría construir máis e a máis baixa altura, dando unha perspectiva máis plana e acorde cos nucleos rurais cercanos...

2. Alameda e Veracruz. Neste plano vemos cómo hai zonas de construcción a diferentes alturas, entendo que para tratar de correxir os estropicios autorizados nos anos 60-70, sin embargo, no 99, seguíamos a construir en altura, así toda a zona da Alameda permite levantar ata VI alturas. Aquí temos o problema do edificio da Rúa Principal no seu tramo de Rosalía de Castro que se atopa aínda en litixio, caso parecido ó do hotel Roxelia. Ambos están espacios estaban divididos á metade cunha e outra altura, é decir, Para as monxas e a Alameda VI alturas, e a rúa Principal e a Avenida V. Eu houbera delimitado a ir disminuindo unha altura en cada nova construcción pegada ós rañaceos xa contruídos, ata acadar as IV alturas que me parecen o máis apropiado para unha vila como o Carballiño, e non andar dividindo a metades con a saber que fin...O mesmo ocurre dende o cruce da Veracruz cara a gasolinera do Piteira, cunha altura a ambos lados de VI alturas cando para unha rúa desde ancho V entendo que eran máis que suficientes e donde había edificios de máis aplicar o mesmo en canto á reducción.

 Posteriormente, no 2002 fíxose unha modificación parcial a este plano orixinal, no que se ve a modificación respecto á Veracruz dunha zona verde onde hoxe en día está o parque infantil de recente creación e máis a unificación a V alturas das construccións que dan á rúa Principal e á Alameda, curiosamente todas, menos a que se atopa en litixio aínda hoxe...

3. Estación de Tren. Neste plano suceden á vista varias cousas raras...algunha delas xa en disputa. Por unha parte, onde actualmente estaba a nave de protección civil, non debería estar, pois non se recollía como dotacional, o dotacional era unha das antigas casetas da RENFE. O lugar que ocupa a nave é unha zona verde. Por outra parte, onde se erguen os esqueletos de ladrillo ó outro lado da Estación, había previstos tres grandes bloques alargados de vivendas con un máximo de V alturas. Pois ben, onde estaba previsto un deles, levantáronse tres en horizontal, ocupando parte da zona verde privada de uso mancomunado , é decir, aproveitando sólo para facer máis vivendas, achicando máis estas e limitando as vistas para beneficio de quen construía. Penso que a maiores, levantaron máis das V alturas...si podo sacarei algunha foto actual.

4. Parque e circunvalación Balneario. Esta é unha das zonas que quedan no Carballiño por urbanizar e que alivirarían os problemas de tráfico actuais, posibilitando un vial bidireccional ancho dabondo facendo de cinturón e regulando os actuais nun único sentido según interesase; este vial do que únicamente se fixo os extremos, xunto o edificio Parque e no cruce do Balneario a Toscaña. Sería un vial de 22 metros de ancho, cando a avenida ten na actualidade 14, para facerse unha idea. Neste polígono eu permitiría a ambos lados contruccións de IV  e III alturas máximo según nos aproximáramos ó parque, para non encaixonalo, deixando o espacio máis próximo para a construcción de vivendas unifamiliares con parcelas como mínimo de 800 metros cadrados ou adosados...

5. Alexandre Bóveda cara o IES nº1. Esta é outra das zonas que non medrou por falta dun desarrollo de viales acorde á proximidade do centro, beneficiando no seu día o crecemento cara a estación do tren e toda a carretera de Pontevedra... Vaia por diante que para min Alexandre Bóveda debería quedar máis ancha, pero é comprensible si ó carón se fai a continuidade OESTE da citada circunvalación. Este tramo iría desde a zona dos chalets do ambulatorio ata a carretera de Señorín -dende a Iglesia Vella- cruzando todo o prado polo que transcurre o Carrás. Sería necesaria aquí unha intervención  da Confederación Hidrográfica, canalizando e contruíndo un paseo natural urbano...Ó abrir ese vial cunhas dimensións de 19 metros de ancho, máis outros paralelos e perpendiculares de 10, ademáis de poder regular o tráfico de outra maneira, estableceríase a posibilidade de construir ó carón do centro, e lonxe dunha vía principal-nacional de tráfico...nesta zona sería importante delimita-las alturas ó entorno natural do Carrás e a esa zona verde a construir. Como máximo, III alturas, eliminando as que hai permitidas na parte sur de Flores, que aínda non se contruiu nada e matizando o marxe de Alexandre Bóveda onde se están a construir vivendas unifamiliares. Quedarían por indicar neste plano o vial continuación da rúa de CORREOS, e o paralelo entre Alexandre Bóveda e este. Ambos de 12 metros de ancho e donde permitiría unha altura máxima de III para non meter nun embudo de alturas esas vivendas unifamiliares de Alexandre Bóveda que quedarían un pouco máis abaixo. Como curiosidades, podedes apreciar o edificio do FROIZ, con VII alturas e o do VAI-VEN, con IV, algo que escapa da realidade pero moito.Teríase por último delimitar e establecer unhas normas de restauración de Flores para que poida nun futuro engalanarse como antigamente...

6. Ambulatorio-Facenda-IES nº1. Neste plano pódense apreciar ata tres áreas de reparto, AR-6, AR-7 e AR-8. A primeira vista choca que se posibilitara a construcción dos chalets dentro da primeira e segunda. Unha vez feitos, as áreas de reparto adxacentes, entendo que debería garda-lo mesmo formato, é decir, permitir a construcción de vivendas unifamiliares de 400 metros cadrados como mínimo. A maiores, entre o ambulatorio e facenda, faría o mesmo ou reservaríao para chan dotacional para ampliación do centro médico actual. Na área de reparto nº8 no triángulo que queda, faría un aparcamento para dar servicio a esa ampliación con parte de zona verde. O resto do reparto prolongaría esas áreas para a construcción de vivendas unifamiliares de 400 metros cadrados.

7. Piscifactoría-Museo do papel-Muíño das Lousas. Esta é outra das áreas controvertidas...Resulta que toda a zona da Fábrica do Papel, o que se pretende transformar en Museo, no que se invertiron máis-case-menos de 2 millóns de euros, non era urbanizable no 99, nin estaba recollido como dotacional...non teño información de acordos privados ós que se chegou para transformar ese espacio, tan precioso; o certo é que se debería modificar ese espacio e asignalo como dotacional para rematar o Museo, ou polo menos non perde-los cartos invertidos e transformar como parece polo acordo privado, en urbanizabe o resto da finca, para poder contruir vivendas unifamiliares de al menos 400 metros cadrados. Esta modificación urxe, canto máis si a empresa familiar propietaria dos terreos se atopa en concurso e o/a xuez que o leva necesita valorar ese chan para poder resolver o concurso nun sentido ou outro, e ós cidadáns tamén ns interesa para saber si os cartos foron tirados en balde ou non e de quen son as responsabilidades...políticas, porque pecuniarias xa sabemos que non as hai, xa que da política sólo se cobra, non se paga...

8. Carretera de Ribadavia-Cementerio de Señorín. Neste plano temos a parte sur da crcunvalación que bordearía o actual nucleo urbán. Conectaría desde o antigo matadoiro, onde eu aproveitaría ese chan dotacional para situa-lo grupo de emerxencias que se está a elaborar -protección civil- co tramo que da á parte de atrás de Espiñedo e que enlazaría co tramo que da ó Balneario, así como, á dereita, coa carretera de Señorín e o tramo paralelo a Alexandre Bóveda...un vial ancho dabondo -18 metros- bidireccional que permitiría alivia-lo tráfico da Avenida e salida a Ourense, formando un cinturón coa nacional de Pontevedra. Entorno a este cinturón eu permitiría III alturas, non máis, así como en toda a subida a Señorín que modificaría de IV a III. Tamén engadiría máis solo dotacional no cementerio engandindo máis metros ó norte do actual. Eliminaría as curvas do cementerio e aproveitaría o espacio sobrante para situa-lo parking do mesmo, cun espacio para autobuses e zona de sombra. 

9. Finalmente revisaría cada nucleo do rural, ampliando as áreas si fóra necesario, e fixando uns parámetros en canto a materiais para novas construccións e reformas de antigas, básicamente, pedra, madeira e tella do país...así como anchear viais dando axudas ós propietarios para o levantamento de novos muros e os oportunos retranqueos, favorecendo a actividade de autónomos e pequenos albaneis do Carballiño, actualmente necesitados de obras pola caída de grandes construccións.

Do Polígono Industrial xa non vos conto nada, máis que o que podedes ver no plano...estamos a falar de hai 21 anos...pero do plasmado no papel, ó feito cámbiache o conto...sobre todo por algunha cesión de chan que parecía ía crear moitos postos de traballo, pero que pronto pechou e ese chan non revertiu para o seu uso...


Estade moi atentos a posibles pelotazos ou variacións moi sustanciais do actual plan e valorade si atenden a razóns da nova Lei do Sólo, ou outros intereses...

No hay comentarios:

Publicar un comentario